A campaña O verán continúa en Ourense chegou a un universo potencial dun millón de persoas, segundo o Concello
 
Satisfacción plena entre os responsables de Termalismo do Concello de Ourense ao rematar a campaña de divulgación dos potenciais termais da capital ourensán. Segundo o concelleiro Vázquez Barquero, a campaña O verán continúa en Ourense chegou a un millón persoas nunha vintena de cidades de España e Portugal nas que se puxo en marcha. A campaña foi posta en marcha pola Concellería de Turismo e financiada polo Instituto de Turismo de España.
 
 
 
 
 
11 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

A campaña de promoción do termalismo ourensán que se achegou durante as últimas semanas a unha vintena de cidades de España e Portugal, posta en marcha pola Concellería de Termalismo co apoio financieiro de Turespaña, chegou a un universo potencial dun millón de persoas, sinalou este xoves en comparecencia de prensa o titular desta Concellería, José Ángel Vázquez Barquero.
A través de carteis luminosos instalados nos aeroportos de Sá Carneiro, Lavacolla e Vigo, polos que pasan arredor dun millón de persoas ao mes, e de xeito directo a preto de 50.000 persoas, mediante o reparto de carteis, trípticos e postais, así como a proxección dun vídeo nas pantallas dun autobús turístico e no stand nos que se apoiou a mensaxe da promoción, o Concello de Ourense asegura que proxectou a imaxe do termalismo da capital ourensán a ese universo de un millón de persoas.

O impacto da campaña, que contou cun equipo desprazado de dúas azafatas, o stand, o autobús e o chofer, acadou durante o mes e medio de duración da mesma as expectativas previstas inicialmente. A campaña obtivo unha boa acollida polos medios de comunicación das cidades que percorreu -prensa, radio, televisión..-, que fixeron referencia a ela nos seus espazos informativos e de lecer. Ademais, os cidadáns solicitaron información sobre as características da oferta termal de Ourense, interesándose sobre todo polos tres millóns de litros diarios de auga quente, así coma polo vídeo amosado no autobús, que trasladaba unha imaxe suxerente das pozas termais, tanto de uso gratuíto como de pago

A campaña púxose en marcha o día 22 de outubro en Vigo, para percorrer despois Santiago, A Coruña, Astorga, Burgos, Logroño, Pamplona, San Sebastián, Valladolid, Santander, Oviedo, León, Zamora, Salamanca, Cáceres, Lisboa, Porto e Madrid. A ruta foi programada incidindo nunha importante presencia en cidades polas que pasan diversas vías do Camiño de Santiago.
As accións levadas a cabo xurdiron das conclusións do Plan de Marketing de Termalismo, como documento base para tratar de impulsar un dos grandes históricos recursos de Ourense, chamado a desempeñar un importante papel no desenrolo sostible da nosa cidade, lembrou Vázquez Barquero.

Un dos eixos da maior parte desas aportacións pasan pola necesidade de desestacionalizar a actividade termal e conseguir que os visitantes se acheguen a Ourense á marxe das datas coincidentes cos desplazamentos masivos. De ahí naceu O verán continúa en Ourense, idea ca que se trata trasladar ós potenciais visitantes a extraordinaria sensación que supón disfrutar dos baños das instalación termais ó aire libre, independentemente da temperatura ambiente.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO