A Xunta aproba a declaración de incidencia supramunicipal do Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense
 
A Xunta de Galicia ven de aprobar a declaración de incidencia supramunicipal do Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia. O ámbito xeográfico que abarca este plan sectorial comprende os concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Barbadás, Toén, Coles, Punxín e Amoeiro, o que implica unha poboación beneficiada de máis de 140.000 habitantes
 
 
 
 
 
11 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves a declaración de incidencia supramunicipal do Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia, que ten por obxectivo, segundo sinala a Administración autonómia, "analizar as comunicacións viarias da área de estudo e a súa interconexión coas principais vías de comunicación existentes para acadar un sistema de transporte na área metropolitana que sexa eficaz, equilibrado, consensuado, estable e sustentable".
A finalidade deste plan "é mellorar a mobilidade de Ourense e a súa área de influencia para cumprir co obxectivo global de ofrecerlles aos cidadáns unhas infraestruturas viarias de calidade, que lles permitan desprazarse con seguridade, rapidez e comodidade, dentro dun marco de mobilidade sustentable", engade o acordo do Consello da Xunta.

Téntase acadar unha adecuación funcional da rede de estradas ao incremento da mobilidade e do tráfico, a mellora da seguridade na rede de estradas, o reforzo da accesibilidade ás zonas máis periféricas, a mellora global da rede de estradas, coa creación de itinerarios alternativos; ao mesmo tempo que se potencia a protección da calidade ambiental dos espazos de interese natural e unha xestión adecuada dos recursos destinados á rede de estradas, mellorando as partidas destinadas á conservación e explotación da rede.
O ámbito xeográfico que abarca este plan sectorial comprende os concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Barbadás, Toén, Coles, Punxín e Amoeiro, o que implica unha poboación beneficiada de máis de 140.000 habitantes

Este plan prevé preto de 40 actuacións, que implican actuar en 135 km de vías, que en termos de investimento supoñen un orzamento de máis de 150 millóns de euros para actuacións que se van executar no horizonte temporal 2013-2020. Na seguinte imaxe pódese observar a planta xeral das actuacións:

Unha vez aprobada a declaración de supramunicipalidade por parte do Consello da Xunta, agora a Axencia Galega de Infraestruturas someterá o plan á Información pública e, posteriormente, analizaranse as posibles alegacións e redactarase a memoria ambiental.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO