Ourense aspira xunto a outras seis cidades españolas, aos premios europeos da Semana da Mobilidade
 
Ourense aspira, xunto con outras seis cidades españolas, aos premios europeos da Semana da Mobilidade que se celebrou no mes de setembro pasado. O premio recoñece ás cidades que realizan actividades, medidas permanentes e boas prácticas en materia de mobilidade. As outras cidades españolas que aspiran aos premio son Huesca, León, Mijadas, Rivas Vaciamadrid, Santander e Vitoria.
 
 
 
 
28 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Ourense será candidata xunto a outras seis cidades españolas aos premios europeos da Semana da Mobilidade. Así o ratificou a organización do Premio Europeo EMW Award 2012, que recoñece ás cidades que realizan actividades, medidas permanentes e boas prácticas no referido á mobilidade.

Aceptáronse un total de 23 candidaturas, referentes a 11 países, entre as que sairán as cidades finalistas e a ganadora da edición deste ano. As sete candidaturas españolas (Ourense, Huesca, León, Mijadas, Rivas Vaciamadrid, Santander e Vitoria), sitúan a España como país líder en canto a número de participantes. O gañador e finalistas serán presentados nunha cerimonia de entrega de premios en Bruselas o próximo 6 de marzo.

O Concello de Ourense lembra que colaborou de forma activa na celebración da Semana Europea da Mobilidade entre o 17 e o 21 de setembro pasado, coa celebración de múltiples propostas participativas. O obxectivo principal das mesmas foi sempre sensibilizar aos cidadáns en torno á necesidade de actuar para evitar a contaminación provocada polo incremento de tráfico motorizado no ambiente urbán, e promover unha mellora da calidade de vida dos cidadáns.
O programa artellouse en tres eixes principais: potenciar o uso das formas de transporte alternativas ao uso de vehículos particulares, concienciar aos cidadáns dos efectos da contaminación xerada polo abuso do transporte privado e proporcionar unha visión diferente das cidades a través da redución do tráfico motorizado.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, MIÉRCOLES
 
Rodríguez pide a la Xunta que salve a tiempo las partidas del Centro de Interpretación de Parques
La Cámara de Comercio de Ourense aprobó 1,5 millones de presupuesto para 2011, un 26% menos que en 2011
La USO denuncia y lamenta la escasa seriedad del Concello, dice, en relación de la RPT de 2012
El PSOE denuncia que la Xunta redujo el personal que informa los casos de Dependencia en Ourense
El BNG dice que el alcalde de O Barco reconoce que "non fixo nada" para acelerar la A-76