O Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil contabiliza 51 traballos a concurso
 
Aínda que con unha dotación menor que nas edicións anteriores, este ano o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil contabiliza rércord de participantes, ao presentarse a concurso 51 traballos. Os traballos foron presentados en diferentes formatos e estilos artísticos, e están xa dispostos para que examine e avalíe o xurado encargado de tal cousa e de fallar o premiado nesta modalidade do certame.
 
 
 
 
27 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A décima edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil ven de acadar o récord de participación de todas as edicións celebradas ata o momento. O remate do prazo de presentación de propostas o pasado día 20, rexístranse 51 obras presentadas baseadas todas no texto gañador do premio de narración Por que está triste Miañas?, da escritora Ángela Fernández Rey, tal e como establecían as bases do concurso.

Os traballos de ilustración, presentados en diferentes formatos e estilos artísticos, serán avaliados polo xurado do premio, que se reunirá na primeira quincena do vindeiro mes de xaneiro para fallar a obra gañadora. A pesares da redución na dotación económica que experimentou este ano o galardón –que pasa dos 3.000 euros aos 1.500 euros-, incrementouse notablemente o interese dos creadores por participar nun dos máis prestixiosos certames literario-artístico de Galicia, dirixido ao público infantil e xuvenil, que leva o nome das nomeadas escritoras e poetisas ourensás Pura e Dora Vázquez, que tanto traballaron ao longo da súa vida a prol da cultura e da educación dos máis novos 

A Deputación de Ourense lembra que o Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. O libro incluirá o texto gañador e as ilustracións escollidas polo xurado, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO