O pintor pontevedrés Manolo Moldes trae ao Cultural de Ourense case un cento de obras de Congostras de pintura
 
 
Ata o día 3 de marzo pódese ver no Centro Cultural da Deputación de Ourense a obra máis recente do pintor pontevedrés Manolo Moldes. Son case un cento de obras, algunhas das cales chega ata os seis metros, que vai permañencer nesta sala ata o día 3 de marzo.
 
 
 
24 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL
 
 
 

O pintor pontevedrés Manolo Moldes instala no Centro Cultural da Deputación de Ourense a exposición Congostras de pintura, unha colección de obra na que o artista que integrou no seu día o movemento renovador da plástica galega Atlántica, amosa unha selección do seu traballo da última década.
Ata o día 3 de marzo pode verse esta exposición.

Moldes recoñeceu na presentación que se fixo desta última exposicón do pintor pontevedrés, que sempre se moveu entre "a figuración e a abstracción, como dous camiños paralelos que sempre me conducen ao mesmo lugar", e que tanto unha maneira como outra xurden de xeito natural ao enfrontarse ao cadro.
Fixo memoria sobre a súa primeira exposición en Ourense, no ano 1975, no Ateneno da cidade, e dixo que "aínda que de outra maneira, agora volvo nun momento difícil como aquel, nun momento complicado socialmente e o pintor é tamén un ser que reflexiona sobre o que o rodea", reflexión á que vencellou varios dos seus traballos que se inclúen nesta exposición.

A exposición de Moldes completa un amplo programa para estas datas do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, e referíuse á exposición de Manolo Moldes como "unha exposición de alto nivel", que, ademais, demostra que "a Deputación de Ourense está a prol da cultura, realizando un notable esforzo para manter tan altos estandares de calidade".
Pola súa parte, o director do Cultural ourensán, aludíu á dimensión da exposición que ocupa dúas salas, con pezas de máis de seis metros e preto dun cento de traballos. E agradeceu a confianza do artista neste espazo e na Deputación de Ourense, así como a axuda da Consellería de Cultura da Xunta para a mesma.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA