Educación e Cultura de Ourense felicitará este Nadal con un debuxo dunha alumna de 5º de Primaria do Padre Feijóo
 
Educación e Cultura do Concello de Ourense felicitará este ano o Nadal con un debuxo dunha alumna do Padre Feijóo desta cidade, Gemma da Rocha Casas, gañadora do II Concurso Escolar de Debuxo de Nadal. A concelleira, Ana Garrido, acudiu este venres ao centro para facerlle entrega do premio a escolar de 5º de Primaria, e a súa aula do debuxo da postal enmarcado.
 
 
 
 
 
22 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense felicitará o Nadal este ano cun debuxo da alumna do Colexio Padre Feijóo desta cidade de 5º de Primaria. É o debuxo de Gemma da Rocha Casas, que servirá como ilustración da postal do departamento de Ana Garrido.
A concelleira acudiu este venres ao centro escolar da rúa Doutor Fléming desta cidade, para felicitar a gañadora do II Concurso Escolar de Debuxo de Nadal, e facerlle entrega do premio: un lote de libros e xogos didácticos, a anunciarlle á cativa que o seu debuxo chegará nestas datas a moitos lugares da cidade en forma de postal navideña.
Garrido fíxolle tamén entrega á aula a que perteñece Gemma da Rocha dunha cesta con material didáctico, e a postal gañadora enmarcada.

Segundo a Concellería de Educación, nesta edición recibíronse 156 debuxos de 6 centos escolares desta cidade, os de Prácticas, Manuel Sueiro, As Mercedes, José García, o Santo Ángel de O Couto e o Padre Feijóo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, JUEVES
 
PSOE y BNG valoran de muy distinta forma el anuncio de Baltar de auditar las cuentas de la Deputación
Concello de Verín y CIG alcanzan un preacuerdo para comenzar a negociar a partir de febrero
El PSOE advierte de la extinción de contratos en el Concello de Maceda con el nuevo año
Os nenos de Ourense reivindicaron este mércores os seus dereitos no Pleno Infantil do Concello
Baltar reproba que o Concello de Ourense non axude "nen siquera" co transporte á Pazolandia