O belén da Residencia Nosa Señora da Esperanza gaña o Concurso de Beléns Públicos da capital ourensá
 
Feito polos propios residentes, o belén da Residencia Nosa Señora da Esperanza de A Farixa considera o xurado que é o mellor dos máis de 20 que se presentaron ao Concurso de Beléns Públicos da Concellería de Cultura do Concello de Ourense. É un belén que fixeron os propios residentes, con elementos da propia xeografía e no que destacan os "variados oficios" que se representan.
 
 
 
 
21 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Belén da Residencia Nosa Señora da Esperanza de A Farixa, é o gañador da XVII edición do Concurso de Beléns Públicos da Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Así o decidiu o xurado formado por representantes da Asociación de Belenistas, dos movementos veciñais e da propia Concellería de Cultura, que fallou a favor deste belén estre os máis de 20 que este ano participaron no certame.
O segundo premio foi para o belén da Residencia de Anciáns San José de Rairo, e o terceiro premio concedeullo o xurado ao belén do Colexio Divino Maestro.

O belén da Residencia Nosa Señora da Esperanza foi feito coa colaboración dos residentes, " xuntando a ilusión propia do Nadal coa representación dos elementos fundamentais dun belén da nosa xeografía, con variados oficios, luz, auga e figuras con movemento", destaca no seu fallo o xurado.
O belén pode visitarse na parte baixa de dita Residencia en horario de mañá.

O xurado concedeu ademais destes dous premios 6 accésits, que foron para os beléns da Asociación do Polvorín, as parroquias de A Milagrosa e a Asunción, o Colexio Carmelitas, o CEIP de A Ponte e o belén da Panadería Ansuíña.
A Concellería de Cultura anima aos ourensáns a visitar estes beléns ao longo das datas de Nadal que se aveciñan.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, MIÉRCOLES
 
Una cuarta parte de la Residencia de Cabeza de Vaca sufre desde primeros de noviembre un cuadro de sarna
Un inspector de Traballo respondió con un "non procede" la solicitud de inspeccionar Cabeza de Vaca
La delegación de la Xunta en Ourense da hasta 53 personas contagiadas por sarna en Cabeza de Vaca
Gerencia del CHOU corrige la situación en Atención Primaria y compromete el personal necesario
Entró en servicio el "Bulevar circunvalación oeste" que libera de tráfico la Avenida de Zamora