Dan comezo este venres, un Nadal máis, as actividades lúdico-formativas das Biblitecas Municipais de Ourense
 
As Biblitecas Municipais do Concello de Ourense non fallan, un Nadal máis, a súa cita de conciliar na media do posibles as vidas familiar e laboral dos pais, ademais de facilitarlle aos máis pequenos diversión e formación nun mesmo paquete lúdico-formativo. Este venres dan comezo as actividades que inclúen contacontos, obradorios, xogos, teatro e un mercadillo.
 
 
 
 
21 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Dende este venres, 21 de decembro, as Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Ourense poñen en marcha o seu programa de actividades lúdico-educativas para estas datas de Nadal dirixidas a nenos e nenas de 4 a 10 anos.
As actividades desenvolveranse de luns a venres de 11.30 Hs.  a 13.00 Hs. e os sábados de 11.00  a 13.00h Hs., os días 21, 22, 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro.

A Concellería de Educación tenta así "facilitar a conciliación da vida laboral e familiar de nais e pais, en datas máis complicadas coma é o caso do Nadal, nas que os cativos non contan con período lectivo", sinala o departamento de Ana Garrido.
A través de actividades de ocio, combinadas con formación, os nenos e nenas da cidade poderán acudir ás Bibliotecas a xogar, coñecerse e aprender, ao tempo que adquiren novas habilidades e fomentan bos hábitos de lectura, con actividades que convidan a descubrir nos libros unha alternativa para o tempo de lecer.

As xornadas matinais desenvolveranse en 3 partes: primeiro un tempo para o xogo libre, en segundo lugar obradoiros vencellados ao Nadal e a súa temática, como elaboración de adornos, xoguetes ou panxoliñas, e unha terceira parte de animación.
Entre a ampla oferta de actividades destacan os contacontos, obradoiros de manualidades e pintura, xogos populares, concursos, teatro e mercadillos de troco de libros e xoguetes.
As Bibliotecas Municipais que desenvolven estas actividades son las de A Ponte, A Carballeira, San Francisco e o Punto de Animación á Lectura de O Couto.

Educación do Concello de Ourense lembra que para asistir ás actividades chegará con que os nenos e nenas sexan socios ou socias da Biblioteca á que asistan, podendo adquirir o seu carné antes de acceder á actividade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA