A obra de Lazcano pecha o curso expositivo de 2012 do Museo Municipal da Rúa Lepanto
 
A obra do pintor Juan Manuel Lazcano convertese na última das exposicións do 2012 de Museo Municipal da Rúa Lepanto desta cidade. Ata o 10 de febreiro do vindeiro ano, a mostra pictórica de Lazcano que conforman 60 obras, ocupará as Salas I e II deste espazo. O pintor mostra dous ambientes neste último traballo, un dramático inspirado en Goya e outro "calidamente envolvente".
 
 
 
 
20 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Museo Municipal acolleu este mércores a última presentación que terá lugar neste ano 2012, que corresponde á obra Miradas duras, Miradas blandas, do artista ourensán de adopción, Juan Manuel Lazcano. A exposición inaugúrase oficialmente o venres ás sete da tarde, e permanecerá neste espazo municipal ata o 10 de febreiro do vindeiro 2013 ocupando as Salas I e II.

"O Concello de Ourense, a través da concellería de Cultura, continúa desta maneira co apoio aos artistas ourensáns, coma é Lazcano, que vén traballando desde fai máis de dous anos cunha perseverancia pigmentaria a partir de fortes e sentidas pinceladas", sinala os responsables do departamento que dirixe Ana Garrido.
Nesta exposición, Lazcano mostra a súa última colección con dous ambientes, un intensamente dramático inspirado en Goya e outro cálidamente envolvente, entendendo que ambos arrancan dun expresionismo no seu máximo grao.

A mostra consta dunhas 60 pinturas, das cales o primeiro andar alberga 26 obras pictóricas – entre as que hai 4 conxuntos formados por dípticos e trípticos -, na súa maioría de formato grande. No segundo andar  hai expostas 25 obras de formato, pequeno e medio, tamén cun tríptico e un díptico.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, MARTES
 
Lunes de mudanza en CHUO, con traslado de servicios según el nuevo modelo de la Xestión Integrada
Coto do Frade no entra en la plataforma vecinal de O Irixo contra la planta de tratamiento de basura
Un dibujo del alumno de la Purísima, Yerai Penedo, es la tarjeta de Nadal del Concello de Ourense
Medio cento de escolares do IES de Xinzo achéganse este martes a historia da Lagoa de Antela
Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal da Aula de Natureza do Concello