Chega un ano máis a MOTI a Ourense con 15 espectáculos, proposta para os máis pequenos en clave de teatro
 
15 espectáculos ten preparados a MOTI, a Mostra Internacional de Teatro Infantil de Ourense, que comeza este martes, día 25, e remata o 30. Os espectáculos están dirixidos aos máis pequenos, aos que se convida expresamente ao teatro, e para os que se fixo unha programación "na que eles son os protagonistas", sinalou o director da Mostra, Fernando Dacosta.
 
 
 
 
 
20 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Todo está listo para o comezo da 9ª Edición da Mostra Internacional de Teatro Infantil, a MOTI, que se inaugura o vindeiro martes, día 25 de decembro, e que se prolongará ata o domingo, día 30.
A tradicional cita de teatro, ten coma obxectivo "convidar aos máis pequenos a que disfruten destes días de Nadal cunha programación na que eles son os protagonistas", sinalou Fernando Dacosta-

A MOTI é unha actividade do Concello de Ourense que desenvolve a compañía Sarabela Teatro, e que conta tamén coa colaboración da Vicerreitoría do Campus e do Teatro Principal. A presentación tivo lugar desta nova edición da Mostra tivo lugar este mércores no Salón de Plenos do Concello de Ourense, e nela a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, agradeceu aos organizadores o esforzo para que esta mostra se leve a cabo.

Garrido destacou "a grande oferta que nestas vacacións van ter os cativos e tamén os seus país para divertirse no Nadal".
Pola súa banda, o director da Mostra, Fernando Dacosta, explicou o programa, que "se mantén nun nivel de calidade equivalente ao das edicións pasadas".
Este ano serán 15 os espectáculos que compoñen a mostra, e que desenvolveranse no Auditorio Municipal, no Campus, no Teatro Principal e na rúa.
A inauguración desta 9ª Edición da MOTI terá lugar coa representación de A invasión dos Iapaclatus de Trécola Teatro na rúa do Paseo, o martes 25 ás 19:30 Hs.
As tarifas para ás funcións de pago oscilan entre os 3 e os 4 euros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Fernando Dacosta, director da MOTI  
     
  Noticias Relacionadas  
  Blog da MOTI  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA