Anova constitúe a súa Asamblea comarcal das terras de Trives en Manzaneda no Macizo Central Ourensán
 
Anova creou a súa Asamblea comarcal para as terras do Macizo Central Ourensán, en concreto, neste caso, as de Trives e Manzaneda. A formación ten no Goberno deste último Concello e no seu alcalde, David Rodríguez, os seus principais referentes municipais nestas terras.
 
 
 
 
 
17 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Rubén Guerra Domínguez ven de ser elexido como voceiro de Anova-Macizo Central, Asamblea comarcal da formación que lidera en Galicia Xosé Manuel Beira, e que ten nesta zona ao alcalde Manzaneda, David Rodríguez, e ao Goberno municipal deste Concello como uns dos seus máximos exponentes.

Anova-Macizo Central abrangue aos concellos das terras de Trives e de Caldelas, e terá no mencionado Rubén Guerra ao coordinador da formación para estas terras.
Nunha xuntanza celebrada este pasado sábado, sentáronse tamén as bases estrucuturas da Asamblea comarca de Anova no Macizo Central Ourensán.

Sinala o responsable desta nova Asamblea que "Anova queda aa diposición dos veciños desta comarca para que nos platexen cantas dúbidas, inquedanzas e propostas teñan, de cara a participar e achegar ao Parlamento de Galicia e a institucións a voz do pobo", a Asamblea que pasa a coordinar Rubén Guerra Domínguez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO