O Auditorio acolle este sábado o principal dos días do Orgullo Gaiteiro que organiza Gomes Mouro
 
O Auditorio de Ourense énchese este sábado dos sons máis tradicionais coa gaita como estandarte no Día do Orgullo Gaiteiro que organiza a Asociación Gomes Mouro. Haberá tamén tempos e espazos para homenaxear a virtuosos como Rubén González, artesáns de palletas espalladas por todo o mundo, ou Emilio de Pando, principal recuperador do birimbao que se pode escoitar en grabacións de Milladoiro e Luar da Lubre.
 
 
 
 
Emilio do Pando
15 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Auditorio Municipal de Ourense acolle dende este xoves, día 13, o Día do Orgullo Gaiteiro que acada a súa novena edición e que organiza a Asociación Gomes Mouro.
Este sábado, xornada de remate do encontro, é o dia grande das actividades previstas pola organización, que rematan con unha cea a partires das dez da noite nos locais de Aixiña.

As previsión deste sábado arrancan co Curso de técnicas de gaita de fol, que se mesturan coas actividades do Taller de Xoguetes musicais "para aprender a disfrutar facendo enredos musicais, frautas de cana, por exemplo", actividades orientadas aos máis pequenos.
Polo tarde, a partires das cinco, chegarán os concertos e actos de homenaxe: ás cinco, o concerto Tic-Tac de Pablo Díaz, e ás seis o acto de homenaxe a Emilio do Pando, da Fonsagrada, principal recuperador da trompa galega ou birimbao, colaborador de Milladoiro e Luar na Lubre.

O principal dos días do Orgullo Gaiteiro rendirá tamén homenaxe a Rubén González, gaiteiro de renome nacido en Randín, e pode que o artesán de palletas para gaita galega máis recoñecido despois de 40 anos de profesión. Os seus traballos atópanse espallados por todo o mundo, en países de continentes como Asia e Oceanía, incluso.
Ás sete da tarde dará comezo o concerto de De Pé Feito, agrupación musical que pode chegar a reunir a 30 alumnos e profesores da Escola de Música Tradicional de Ourense, e que dirixe Gonzalo Abelairas e Patricia López.
Seguirán Os Viqueiras de Ordes, cuarteto de Ordes, A Coruña, creado por Manuel Viqueira, co que rematarán concertos e homenaxes para dar paso a cea de peche desta nota edición do Día do Orgullo Gaiteiro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO