Entregados os premios dunha nova edición do concurso de Pinchos Sabores de Outono
 
A 5ª Edición do concurso de Pinchos Sabores de Outono superou a participación de anos anteriores con un total de 7.000 votacións. Cunha consumición media por pincho de 4 euros, según datos da Unión de Hosteleiros os votos recibidos tradúcense en 28.000 euros de ingresos para os establecementos que participaron nesta nova edición do certame.
 
 
 
 
14 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, fixeron entrega este xoves dos premios aos gañadores da 5ª Edición do concurso de Pinchos Sabores de Outono, que superou a participación de anos anteriores recibindo os 53 establecementos participantes un total de 7.000 votacións.
Cunha consumición media por pincho de 4 euros, según datos da Unión de Hosteleiros os votos recibidos tradúcense en 28.000 euros de ingresos para os establecementos que participaron nesta 5ª edición do concurso, cantidade que confirma a boa acollida da iniciativa e moi relevante para un sector que está en continuo movemento e na búsqueda de novas fórmulas de promoción.

Un total de 54 establecementos participaron nesta 5ª Edición do Sabores de Outono, concurso cuxo obxectivo é convidar aos veciños e veciñas da cidade a descubrir e saborear a mellor gastronomía da cidade.
A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, suliñou a implicación e a importancia das entidades colaboradoras, que nesta edición voltou a superar ás anteriores, así como a participación dos cidadáns e os incrementos nas ventas e na afluencia de xente nas zonas de pinchos e tapas da cidade.

Gañadores do xurado profesional:

1.- Monterrey “Montadiño agridoce con explosión”
2.- La Estación de Loman, “Orient Express”
3.- Acio, “Capricho de castaña”
Accesit: O´Doutor, “Cogomelos recheos con queixo de cabra”

Gañadores do Premio da Prensa:

1.- El Mariscal, “San Simón na Leira”
2.- Monterrey, “Montadiño agridoce con explosión”
3.- Acio, “Capricho de castaña”
Accesit: Casa Toñita, “Rollito de Outono”
 
Gañadores da votación popular:

1.- Monterrey, “Montadiño agridoce con explosión”
2.- Acio, “Capricho de castaña”
3.- Cogumelo, “Champis mariñeiros”
Accesit: D'Luis, “Tono-Ou”

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO