Unha achega de 42.000 euros de fondos dos decomisos e outros delictos, posibilita outra edición do OciOurense
 
O Concello de Ouense ven de acadar unha subvención de 42.000 euros do Estado para desenvolver programas de prevención en materia de drogodependencias nesta cidade. Son cargos q   ue proveñen dos fondos decomisados por tráfico de drogas e outros delictos relacionados que o Ministerio destina a esta finalidade. A estes 42.000 euros o Concello engade 18.000 máis para completar unha partida de 60.000 euros coa que se afronta a terceira edición do programa OciOurense.
 
 
 
 
14 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense vén de acadar unha subvención por parte do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para desenvolver programas de prevención das drogodependencias na cidade, por un importe total de 42.000 euros. Dita axuda procede dos fondos decomisados por tráfico de drogas e outros delictos relacionados que o Ministerio destina a esta finalidade, explica o Concello desta cidade.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta xoves aceptar dita subvención. Con ela, a Concellería de Saúde acometerá dende a vindeira primavera unha nova edición, que será a terceira, do programa de actividades saudables para mozos OciOurense. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas, e proporcionar alternativas saudables para o seu tempo de lecer.
O Concello de Ourense comprométese, pola súa banda, a achegar outros 18.060 euros con cargo aos orzamentos municipais, co que o presuposto total das accións a desenvolver no marco do programa ascenderá a 60.200 euros.

Os obxectivos do programa OciOurense son promocionar a sáude dende o ambito municipal, previr situacións de risco, instalar e modificar pautas de ocio que fomenten o desenvolvemento persoal e a creatividade e ofrecer espazos públicos e actividades para un ocio activo e positivo.
O programa pretende así reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas e tratar de remitir os seus danos, promovendo actividades saudables e proporcionando ós mozos e mozas da cidade.

Novo concurso do servizo eléctrico

A Xunta de Goberno Local deste xoves acordou tamén a incoación dun novo expediente de contratación da subministración de enerxía eléctrica do Concello de Ourense. O procedemento previamente aberto para a contratación deste expediente foi declarado deserto, ao presentarse unha única empresa ao concurso -Unión Fenosa Comercial, S.L.-, e non cumprir un dos puntos estipulados no prego de cláusulas técnicas, xa que ofertaba un prezo superior á base de licitación no bloque “subministración en baixa tensión con potencia contratada inferior a 10 kw”.

O obxectivo do Concello é mellorar as condicións do contrato actual, condición que non se cumpría coa única oferta recibida. Así, o Concello inicia un novo expediente de contratación, solicitando directamente orzamento ás empresas do sector, co fin de acadar o máximo aforro posible no referido ao contrato en cuestión.

A duración do contrato será dun ano, prorrogable a otro, cun valor anual de 2.623.019,60 euros máis IVA.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MIÉRCOLES
 
El PSOE de O Irixo pide un pleno extra y monográfico del Concello relativo a la incineradora
Cae la compra-venta de vivienda en Ourense hasta el triple de lo que ha bajado en el conjunto del país
Un juzgado de lo Social obliga al alcalde de Xinzo a identificar a un funcionario del Concello
A Deputación de Ourense completou a publicación da obra do Mestre Vide con "Zarzuelas"
Grupos de México e Portugal, Extremadura e Asturias no VI Festival Internacional Rebulir