O tenor Julian Prégardien e o pianista Nicholas Rimmer no concerto do Sen Batuta deste xoves, 13 de decembro
 
O tenor Julian Prégardien e o pianista Nicholas Rimmer son os músicos do concerto deste mes de decembro do Sen Batuta. Será este xoves, no paraninfo do Otero Pedraio e, coma nos anteriores concertos, os músicos estarán a partires das sete e media da tarde a disposición do público na xa clásica charla-colquio.
 
 
 
 
13 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Novo concerto este xoves, 13 de decembro, da que xa fai a 5ª tempada do Ciclo de música de Cámara Sen Batuta. Esta vez o paraninfo do Otero Pedrayo contará coa presenza do tenor Julian Prégardien, e do pianista Nicholas Rimmer.
Ámbolos dous contan cunha longa traxectoria musical. Ao igual que en concertos anteriores, este será tamén ás 20:30 horas, precedido dunha charla-coloquio dos músicos que comezará unha hora antes, ás 19:30.

Esta quinta edición consta de nove concertos deseñados para afianzarmos a traxectoria seguida durante estes anos e estendermos o seu espectro artístico.
Voltan varios dos mellores músicos que teñen colaborado nas edicións anteriores de Sen Batuta e acoden por vez primeira outros que ampliarán os nosos horizontes sonoros. "As músicas serán moitas e diversas e os programas atrevidos, diferentes e potentes. Todo para  que o público goce dunha experiencia musical única viaxando desde as formas clásicas dos grandes mestres europeos ás vangardas máis actuais", sinalan os organizadores desta quinta tempaña do Sen Batuta.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA