Tres novas obras amplían desde este martes a exposición de Joan Queralt, O Quixote e os dereitos humáns
 
Tres novas obras amplían desde este martes a exposición de Joan Queralt Blanch sobre O Quixote e os dereitos humáns. Queda ubicada no paraninfo do IES Blanco Amor desta ciudade ata o vindeiro día 21 deste mes. A exposición amplía deste xeito a súa colección con tres novos cadros que integran a serie Rostros e sentencias do Quixote.
 
 
 
 
12 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense inaugurou este martes no paraninfo do IES Blanco Amor desta cidade, unha nova etapa da exposición O Quixote e os dereitos humáns, que amplía a súa colección con tres novos cadros que integran a serie Rostros e sentencias do Quixote.
Ao longo do mes de decembro, ata o 21 deste mes, máis de 300 escolares pasarán pola exposición do pintor e escritor catalán Juan Queralt Blanch.

A exposición componse de 60 obras, que conlevan textos e reflexións referentes ós Dereitos Fundamentais. Os rapaces de bacharelato realizaron visitas guiadas e dialogadas polo seu propio autor, Queralt Blanch, pintor didáctico do Quixote. A súa obra está adicada á difusión do pensamento e o espírito de Cervantes, na defensa de tódolos Dereitos Fundamentais como proxecto cultural e educativo para os mozos.

"O autor leva afondando no espíritu de Cervantes máis de 20 anos e afirma que nas locuras de Don Quixote adivínase unha aguda intuición que o leva a exercitar os Dereitos Fundamentais e pensa tamén que o fidalgo manchego, non é tan sólo unha encarnación do mito do heroe, senón unha actitude ante a vida e ante a defensa dos Dereitos Humáns", sinala a Concellería de Ana Garrido. Educación do Concello de Ourense pretende aproveitar este tipo de iniciativas para fomentar a conciencia dos rapaces e os seus coñecementos de xeito lúdico en materia de dereitos cidadáns.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido, concelleira de Educación e Cultura  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA