Só 10 días para presentar traballos ao Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil
 
O X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil entra en recta final de presentación de traballos a concurso, xa que remata o día 20. Pero aínda hai tempo para facelo e aspirar a este Premio dotado con 1.500 euros e que servirá para ilustrar o conto gañador deste mesmo certame, Por que está triste o Miañas? da escritora Ángela Fernández Rey.
 
 
 
 
10 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Sigue aberto o prazo de presentación de traballos ao X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil, prazo que rematará o vindeiro 20 de decembro, e que está dotado con 1.500 euros.
Lembra a Deputación de Ourense, institución que institúe estos premios, que no caso do desta edición as ilustracións deberán tomar como base o texto gañador deste Premio na modalidade de narración, Por que está triste Miañas? da escritora Ángela Fernández Rey.
A tales efectos, os interesados poden solicitar na Deputación de Ourense o texto, que lles será remitido por correo electrónico.

O premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.
O certame en cuestión ten como finalidade principal servir de homenaxe a estas senlleiras poetisas ourensáns, que tanto traballaron ao longo da súa vida a prol da cultura e da educación dos máis novos.
Ao premio de Ilustración poden concorrer todos os ilustradores de calquera nacionalidade que presenten ilustracións inéditas e orixinais, non menos de dez, referidas ao texto premiado no apartado de narración. 
O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o considere.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Por que está triste o Miañas? gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de Narración  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA