1.200 nenos de 44 centros educativos de 30 concellos da provinica, no Obradoiro de xogos tradicionais
 
Ponse en marcha a VIII edición do Obradoiro de xogos tradicionais, unha iniciativa que achegará a 1.200 nenos de toda a provincia a cultura etnográfica de Ourense. Son escolares de 44 centros educativos de 30 concellos da provincia ourensá. Nas sete edicións anteriores, foron máis de 6.000 os nenos que xa levan disfrutado destas actividades populares lúdicas, pero tamén "socializadoras", según destacou o titular la Deputación de Ourense que as auspicia.
 
 
 
 
 
8 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense pon en marcha a VIII edición do Obradoiro de xogos tradicionais, iniciativa que foi presentada este venrese que este ano achegará a máis de 1.200 nenos da provincia de Ourense a cultura etnográfica do noso lecer. Segundo o presidente da Deputación de Ourense, unha cultura que "forma parte das tradicións lúdicas e socializadoras que hai que seguir mantendo porque é o noso maior tesouro inmaterial".

Xunto con Mariló Fernández Senra, directora do Centro de Cultural Popular Xaquín Lorenzo, Baltar Blanco subliñou que este obradoiro                           "potencia as actividades que a institución provincial está a desenvolver no ámbito da infancia, as cales, neste caso, contribúen a revalorizar o noso patrimonio etnográfico".
Manuel Baltar agradeceu o traballo que tanto a directora do Centro de Cultural Popular como o equipo que traballa nas propostas pedagóxicas fan a prol da conservación das nosas tradicións, e lembrou que actividades como a revista e a Romaría Raigame, "son un referente no eido da etnografía e a traza da Deputación de Ourense no que atinxe á recuperación e potenciación das nosas tradicións culturais e sociais".

Pola súa banda, Mariló Fernández Senra explicou que no curso 2012-2013 participarán no Obradoiro máis de 1.200 nenos pertencentes a 44 centros educativos pertencentes á capital e outros 29 concellos da provincia de Ourense. A cifra global dos nenos que teñen participado nesta iniciativa desde o seu comezo, hai oito anos, supera os 6.000, e supón unha das actividades infantís máis demandadas polos centros educativos, e que está dirixida a nenos de entre 8 e 14 anos.
Mariló Fernández Senra afirma que con este proxecto "non pretendemos volver ao pasado, senón traer ao presente as nosas tradicións para entender mellor a nosa historia e poñer en valor o noso".

Os diferentes xogos que se propoñen no obradoiro van dende a billarda aos zancos, pasando por xogos bailados, a chave, a rá, os bolos, as tabas ou os xogos de ritmo, entre outros. Todo o material necesario para a realización do obradoiro facilítano o CCP Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.
Asemade, a Deputación de Ourense preparou un programa específico de xogos tradicionais para o Nadal, que a institución provincial realizará en colaboración con seis concellos da provincia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO