Está en marcha a Megaxove, "a mellor alternativa da ponte festiva para toda a familia"
 
Está en marcha unha nova edición, a 13, da Megaxove, o Salón da Xuventude que abriu as portas na Expourense este venres e que se prolongará ata este domingo. Descríbese como "a mellor alternativa da ponte festiva para a toda a familia" da que dispón Ourense para estas datas.
 
 
 
 
 
8 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Megaxove, o Salón da Xuventude, abriu este venres as súas portas en Expourense, convertido na mellor alternativa de lecer para esta ponte festiva e para toda a familia. Xa nesta primeira xornada, segundo os organizadores, a Megaxove contou con numerosa afluencia de público que participou de forma activa en todas as alternativas, 75 actividades, das que dispoñen os 8.000 metros cadrados de instalacións ao servizo deste Salón da Xuventude.

Aquí se dan cita 40 expositores entre federacións e clubs deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia. Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou ó respecto ao Medio Ambiente.

Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2012 destacan as exhibicións de baile urbán como o funky ou o hip-hop, un simulador de Fórmula 1 ou os obradoiros de costura Manga Anime que ensinan a coser disfraces de personaxes.
A entrada e de balde en horarios de 11:00 a 14:00 pola mañá, e de 4 a 8 da tarde.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  La Megaxove llega este año con espíritu renovado y 75 actividades, 15 más que el año pasado  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 7, MIÉRCOLES
 
El Concello de Ourense muestra el documento de la Xunta que cuestiona la sanidad pública a los más necesitados y ...
El Concello de Xinzo de Limia paga el metro de acera de una calle a casi medio millón de las viejas pesetas
42 alumnos ourensanos galardonados con los premios de la 28 edición del Concurso da Constitución
La Xunta elige O Irixo para ubicar la Sogama 2 que tratará la basura de todo el Sur de Galicia
"Nin en O Irixo nin en ningures", dice Amigos da Terra, con reproches también hacia la hoy oposición