Roberto Castro receita "cores de máis diálogo e consenso" nestes tempos de crise que acougan á sociedade
 
Os gañadores do Concurso da Constitución e o acto de entrega dos premios aos 40 mellores traballos, volveu a constituir unha das pezas importantes da celebración outro ano do Día da Constitución en Ourense este 6 de decembro. Subdelegación de Goberno premiou tamén a labor do Banco de Alimentos, Cáritas Diocesana e Cruz Vermella, así como a do forense do IMELGA, Julio Jiménez. O acto estivo presidido polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro.
 
 
 
 
 
7 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Un total de 40 alumnos e alumnas de 18 centros escolares da provincia foron seleccionados polo xurado do premio entre os case 1.400 traballos presentados ao Concurso da Constitución. Os premiados recolleron este xoves os premios no transcurso da celebración desta data, que presidiu o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.
As bases dos premios da Constitución establecen dúas modalidades, de forma que os 20 mellores debuxos de Infantil e Primaria recibiron unha cámara de fotografías dixital, un diploma e un exemplar da Constitución e os 20 mellores traballos de ESO, Bacherelato e FP foron galardoados cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado.

No acto conmemorativo deste xoves do aniversario da Carta Magna, Roberto Castro destacou que "a Constitución  simboliza un feito político de grande transcendencia e, á vez, representa o feito xurídico máis importante, en canto que é Lei de Leis e os principios, valores e dereitos nela recollidos informan ao resto do ordenamento xurídico".
Castro tamén abordou a actual situación económica do país, e falou das "dificultades polas que estamos a  atravesar na actualidade, onde o negativo factor económico está a condicionar as relacións sociais e de convivencia, faise necesario abordalas con cores de máis diálogo e máis consenso, e si cabe máis solidariedade".

O subdelegado do Goberno, rematou a súa intervención cun chamamento a unidade de tódolos sectores da sociedade para encarar o futuro de xeito positivo. "Sei tamén que cada persoa, na súa existencia, pode ter dúas actitudes: construír ou plantar. Teño o convencemento de que as xentes do noso país sementan, e neso radica a súa grandeza.  Na terra ou alén das fronteiras.  Nunha ida e volta temporal ou con asentamento definitivo na diáspora.  Pero sempre con Galicia e Ourense no corazón", sinalou Robero Castro.

No transcurso do acto institucional, a Subdelegación do Goberno en Ourense quixo tamén distinguir, como así o ven facendo nos últimos anos, o labor de colectivos e persoas vinculadas con ela no seu desenvolvemento profesional.
Deste xeito, procedeuse á entrega de catro distincións especiais a: tres a nivel colectivo, Banco de Alimentos, Cáritas Diocesana e Cruz Vermella; e unha a nivel individual, ao forense Julio Jiménez do IMELGA.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO