Teatro no Principal para case 300 escolares este mércores, e de concienciación sobre mascotas na Aula da Natureza
 
Case 300 alumnos de centros educativos desta cidade asisten este mércores á representación da obra O Home Almofada, orixinal de Martin McDonagh. Será no Teatro Principal desta cidade. Na Aula da Natureza de Oira siguen as xornadas de concienciación para cativos Os nosos amigos, cans e gatos
 
 
 
 
5 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Este mércores, ás 11:30 Hs., no Teatro Principal de Ourense, un total de 285 alumnos asistirán á representación da obra O Home Almofada, orixinal de Martin McDonagh, coa que a Concellería de Educación do Concello de Ourenase colabora coa actividade Novo Teatro, novos espectadores da compañía Il Maquinario Teatro de Tito Asorey.
Tamén este mércores, ás 20:30 Hs., haberá unha segunda representación, gratuíta, para tódolos públicos. Os interesados poden recoller as invitacións na billeteira do Teatro Principal pola mañá ou unha hora antes da representación.

Esta actividade forma parte do programa educativo Teatro, cine e danza na escola, e conta coa colaboración do Teatro Principal. Os 285 alumnos que participan pertenecen aos IES Eduardo Blanco Amor, Universidade Laboral, O Couto, A Carballeira e Portovello desta cidade.

Xornadas de concienciación Os nosos amigos, cans e gatos

Co obxectivo de concienciar aos máis cativos sobre os coidados e responsabilidades que require unha mascota, a Aula de Natureza de Oira acolle entre o luns 3 e este mércores 5 de decembro unhas xornadas de seis horas de educación ambiental, nas que participaron un total de 75 alumnos de Educación Primaria da cidade.

Durante estes días, os nenos escoitan as experiencias e coñecementos de colectivos cun contacto regular co mundo da protección animal. Rosa Jarrín, a presidenta de PROGAPE, pon en valor a importancia que teñen os animais de compañía como fonte de alegría e cariño, e está a inculcar nos máis cativos comportamentos para paliar o abandono, e que os nenos sexan conscientes de que os animais non son xoguetes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, LUNES
 
El Concello de Leiro debe facturas atrasadas y el usufructo de los terrenos del Mosteiro de San Clodio
La hostelería se ha convertido en el segundo sector con mayor número de empresas en Ourense
190 alumnos de Ourense y Verín en el programa Fomento del Espíritu Emprendedor este lunes
A Tecnópole ourensá confía en revalidar ano como referente da cooperación entre polígonos industriais
Un nuevo trío de músicos ourensanos se presentó en Xinzo en un concierto dedicado a los amigos