O Hospital de Día de Saúde Mental expón os traballos que durante este elaboraron os propios pacientes
 
 
Como tódolos anos por estas datas, xa está en marcha a exposición de trabalos de artesanía e artes plásticas dos pacientes do Hospital de Día de Saúde Mental do CHUO. A venda dos traballos destinarase a cubrir unha parte dos gastos do programa de ocio e tempo libre destes pacientes, co que, xunto coa valoración e autoestima dos propios enfermos, esta exposición cumpre unha dobre función.
 
 
 
5 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL
 
 
 

O Hospital de Día de Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ubicado no Santa María Nai, acolle desde este martes a exposición dos traballos de artesanía e artes plásticas elaborados ao longo deste ano polos pacientes deste dispositivo de saúde mental.
A venda dos traballos expostos destinarase a cubrir unha parte dos gastos do programa de ocio e tempo libre dos pacientes, polo que a exposición, xa tradicional nestas datas, cumpre un dobre fin: mellorar a valoración e autoestima dos enfermos, e apoiar este programa, "fundamental no tratamento rehabilitador e de fomento da integración", sinalan os responsables do CHUO.

As actividades que dan lugar a exposición anual contan co soporte imprescindible do persoal de enfermería do Hospital de Día, que asumen, xunto cas súas labores clínicas diarias, o desenvolvemento desta programación artística.
Os traballos presentados pasan dos centenar e consisten en creacións de todo tipo: cadros, caixas decorativas, espellos, pañoletas de seda pintada, pezas de madeira, escaiola ou poliuretano decorado, ademais de tallas en madeira e doutros materiais.

Tanto polo propio interese da mostra, como polo seu fin socio-terapéutico, os profesionais deste dispositivo de saúde mental desexan animar a poboación a visitala, e en especial ós profesionais da saúde mental e familiares dos pacientes dos distintos dispositivos da nosa provincia.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, LUNES
 
El Concello de Leiro debe facturas atrasadas y el usufructo de los terrenos del Mosteiro de San Clodio
La hostelería se ha convertido en el segundo sector con mayor número de empresas en Ourense
190 alumnos de Ourense y Verín en el programa Fomento del Espíritu Emprendedor este lunes
A Tecnópole ourensá confía en revalidar ano como referente da cooperación entre polígonos industriais
Un nuevo trío de músicos ourensanos se presentó en Xinzo en un concierto dedicado a los amigos