A rede Wifi do Concello de Ourense, a Ourense Wifi, cumpriu este domingo dous anos de vida e totaliza máis de 12.000 usuarios únicos rexistrados. O informe de uso da rede reflexa un importante incremento na frecuencia de uso da mesma. No mes de novembro, por exemplo, contabilizáronse máis de 17.000 sesións, que son o dobre das que se contabilizaron neste mesmo mes o ano pasado.
 
A rede Wifi do Concello de Ourense cumpre dous anos de vida con 12.000 usuarios rexistrados neste servizo
3 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL
 
 
 
 

A rede municipal Ourense Wifi posta en marcha polo Concello de Ourense en decembro de 2010, cumpriu este domingo o seu segundo ano de funcionamento cun total de 12.334 usuarios únicos rexistrados, sendo máis da metade mozos entre 20 e 35 anos. "O proxecto cumpre co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns e visitantes da cidade, ofrecendo acceso gratuíto a Internet as 24 horas, en 42 puntos de acceso da cidade e a súa periferia", sinala o Concello de Ourense.

Os puntos wifi con maior actividade por parte dos usuarios da rede municipal teñen sido a Praza de Covadonga, a rúa de Lugo, o Parque Barbaña, Serra Martiñá e a Avenida de Santiago.

O informe de uso da rede Ourense Wifi reflexa un importante incremento na frecuencia de uso da mesma. Así, ao longo do mes de novembro se contabilizaron un

 
 

total de 17.620 sesións -número total de conexións a Internet dos usuarios rexistrados-, duplicando o uso da rede no mesmo período do ano anterior, no que se contabilizaron 8.111 sesións de promedio por mes.
Neste último mes de novembro, o 75% dos usuarios son recurrentes (navegan de xeito habitual), e o 25% navigaron por primeira vez na rede empregando este servizo.

No referente a medios de acceso á rede, o 66% conectáronse a través de portátiles, e o 34% restante correspondeu a dispositivos móbiles -teléfonos, tabletas, etc.-. Con respecto ao idioma empregado, percíbese unha tendencia de emprego maior dos visitantes estranxeiros, cun 22 % de visitas realizadas en inglés ou francés.
A hora punta de navegación se sitúa na franxa horaria entre as 18 e as 19 h. da tarde, e case o 60% das visitas se concentran de xoves a domingo.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, SÁBADO
 
Aprobación unánime del pleno del Concello de Ourense de la ordenanza de la ITE y las ...
Los taxistas verán en 2012 actualizadas sus tarifas y aplicado realmente el 8% de IVA
El TSXG dice al Concello de Verín que la sentencia que anula el Presupuesto de 2009 "rezuma claridade"
La USO denuncia que en el Concello de Ourense se hacen informes a medida para "reparar facturas"
La reunión del jurado que elige proyecto de la Estación del AVE concluyó ampliando plazo a los técnicos
 
   

Añade OuD a tu Google