Agustín Fernández pide que o novo informe xeotécnico que pedíu Adif non sexa outra treta para retardar o AVE
 
Ao anunciar a Administradora de infaestruturas ferroviarias o encargo dun novo estudo xeotécnico para o tramo Taboadela-Ourense do AVE, o alcalde da cidade sinalou este venres que agarda que "non sexa unha nova escusa para seguir mantendo paralizado o proxecto". Agustín Fernández lembrou que o estudo do trazado xa está feito, no seu día aprobado por Fomento, e que non é "un capricho do alcalde nin do Goberno municipal, senón un proxecto de cidade que deben defender todos os estamentos locais e a cidadanía".
 
 
 
 
1 de DECEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, considerou este venres "moi preocupante" que o informe técnico anunciado por Fomento para avaliar posibles cambios ou melloras na integración urbana do AVE, acumule xa un ano de retraso "sin que o Goberno de ningunha explicación".
Sinalou Agustín Fernández que o Concello de Ouense "sempre respectou a decisión de encargar ese informe que supostamente necesitaba o novo equipo de Fomento para tomar a decisión, maila considerar que era innecesario por canto o proxecto existente resolve as necesidades da infraestructura ferroviaria nos termos propostos polos enxeñeiros e técnicos do Ministerio, así como a integración urbana cara a crear un complexo intermodal de transportes que garanta a permeabilidade e a comunicación entre A Ponte e o Vinteún, os espacios públicos e o desenvolvemento urbanístico proposto polo Concello".

Agora, Agustín Fernández recalca que "non vemos razón algunha" para non dar continuidade a este proxecto, sinala, al tiempo que recuerda que "sigue acumulando retrasos pese a súa transcendencia para Ourense e para o desenvolvemento da Alta Velociade a Galicia".
As afirmacións do alcalde de Ourense deste venres producíronse ao coñecerse o encargo de Adif dun novo estudo xeotécnico para o tramo Taboadela-Ourense. Ao respecto do que, sinala Agustín Fernández, agarda o alcalde da cidade que "non sexa unha nova escusa para seguir mantendo paralizado o proxecto".
Fernández insistiu en que a chamada Variante Exterior e a integración urbana do AVE na cidade de Ourense, "non son un capricho do alcalde nin do Goberno municipal, senón un proxecto de cidade que deben defender todos os estamentos locais e a cidadanía".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Agustín Fernández, alcalde de Ourense  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA