O Cemiterio de San Francisco acolle este sábado o 33 cabodano do pasamento de Eduardo Blanco Amor
 
Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello desta cidade e o Centro PEN de Galicia lembrarán este sábado o 33 pasamento de Eduardo Blanco Amor. O acto será, ao igual que anos anteriores, no Cemiterio de San Francisco desta cidade, e rematará cunha ofrenda floral no lugar onde está enterrado o autor de A esmorga.
 
 
 
 
 
30 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense e o Centro PEN de Galicia organizan este sábado, día primeiro de decembro, ás 17 horas, no cemiterio de San Francisco desta cidade, un acto de lembranza e homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor, unha das grandes figuras da literatura galega, co gallo do 33 cabodano do seu pasamento.

Como ven sendo habitual desde o ano 2004, o acto terá lugar diante da campa onde está soterrado o autor de A esmorga, e contará, como mantedora do acto, coa profesora da Universidade de Santiago, Marta Pérez Pereiro, quen falará sobre Blanco-Amor, un xornalista por libre. Ademais do presidente do PEN de Galicia, Luís González Tosar, está prevista a intervención de alumnos do IES Eduardo Blanco-Amor e doutros centros de Ensino Medio de Ourense, así como do director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Esta actividade literaria rematará cunha ofrenda floral na que participan a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense, representados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Ana Garrido, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO