Ourense promociona as ofertas termal e cultural desta cidade na Culturgal, Feira das Industrias Culturais
 
O Concello de Ourense estará presente este ano na Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que comeza este mismo venres no Pazo da Cultura de Pontevedra e que se prolongará ata este domingo. O Concello disporá de stand propio neste evento, no que promocionará, sobre todo, as ofertas termal e cultural desta cidade.
 
 
 
 
30 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense estará presente na Feira das Industrias Culturais Culturgal, que se inaugura este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra, e se prolongará ata o vindeiro domingo, día 2 de decembro.
A través da Concellería de Cultura, o Concello de Ourense contará cun espazo no que haberá información sobre toda a actividade cultural que se leva a cabo ao longo do ano, e que comprende o Ciclo Festivo Anual.
Tamén haberá información sobre o Festival de Cine de Ourense e sobre a oferta termal da cidade.

Culturgal é unha feira da que participan distintos sectores da cultura coma o libro, o audiovisual, as artes escénicas, música, deseño e novas tecnoloxías. Está organizada pola asociación Culturgal, entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector coma son: a Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Esta edición de 2012 conta co patrocinio da Agadic, do Concello de Pontevedra, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, MIÉRCOLES
 
Un crédito del ICO permitirá a la Deputación de Ourense pagar 2,3 millones de euros en facturas atrasadas
El Concello reclama a la Xunta la remodelación de dos viales comprometida en 2008 y 2009
El PP quiere que en 5 meses esté funcionando el Transporte Metropolitano de la capital y su comarca
El PSOE de A Veiga pide al Concello que revierta la cena de Navidad en ayudar a los más necesitados
Los restos hallados el domingo en Ourense son los de una joven de O Barco de 27 años desaparecida en 2007