Empresarios gregos visitan Ourense interesados polo modelo de xestión termal desta cidade
 
Unha delegación grega de 30 profesionais do turismo visita estes días Ourense interesada, sobre todo, polo modelo termal desta cidade. O concelleiro de Termalismo do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, explicou este venres no Concello as claves do potencial actual e os proxectos estratéxico do sector termal ourensán.
 
 
 
 
 
30 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Unha delegación de empresarios gregos do sector do turismo visitaron este xoves o Concello de Ourense, onde se achegaron para coñecer o modelo termal da cidade. O concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, acompañado de técnicos das concellerías de Termalismo e Turismo, recibiron no Salón de Plenos aos empresarios, aos que explicaron as claves do potencial actual e proxectos estratéxicos do sector termal ourensán.

O grupo estaba composto por 30 profesionais do sector do turismo e o turismo de benestar, membros da Cámara de Comercio da rexión da Illa Evia, localizada fronte á costa oriental do mar Exeo.
Durante estes días, o grupo visita Galicia para coñecer a súa oferta de fontes mananciais de augas termais e turismo de benestar mediante visitas e xuntanzas con representantes de sector público e iniciativa privada.

O concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, valorou a importancia da visita e o feito de que "un grupo de representantes e empresarios do turismo veñan a coñecer de primeira man o modelo termal da cidade".
O concelleiro expuxo o modelo do termalismo na cidade, baseándose en tres piares fundamentais: "a infraestrutura termal xerada a iniciativa do Concello de Ourense, a actividade desenvolta polo Campus Universitario en temas de formación e investigación  relacionadas co termalismo, e a actividade de promoción e internacionalización a partir da feira Termatalia".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, MIÉRCOLES
 
Un crédito del ICO permitirá a la Deputación de Ourense pagar 2,3 millones de euros en facturas atrasadas
El Concello reclama a la Xunta la remodelación de dos viales comprometida en 2008 y 2009
El PP quiere que en 5 meses esté funcionando el Transporte Metropolitano de la capital y su comarca
El PSOE de A Veiga pide al Concello que revierta la cena de Navidad en ayudar a los más necesitados
Los restos hallados el domingo en Ourense son los de una joven de O Barco de 27 años desaparecida en 2007