O Concello de Ourense abriu ao público este xoves o Centro de Interpretación de As Burgas e o Bulevar peonil
 
Xa está aberto ao público o novo espazo para a investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico termal de Ourense. Trátase do novo Centro de Interpretación de As Burgas e o Bulevar peonil que supón unha zona verde no Casco Vello da cidade de 6.000 metro cadrados. O Centro de Interpretación é obra de Pablo Falcón e Manuel Jorreto, e está concebido coma un circuíto expositivo- divulgativo.
 
 
 
 
 
23 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Abriu ao público este xoves o novo espazo para a investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico termal, integrado polo novo Centro de Interpretación de As Burgas e o Bulevar peonil, que dotan ao Casco Vello dunha zona verde de 6.000 metros cadrados e un circuíto expositivo-divulgativo que incorporan os achádegos atopados nas Burgas.
O alcalde da cidade, Agustín Fernández, e o concelleiro Vázquez Barquero, presidiron a apertura destas novas infraestruturas na cidade.

O proxecto integral da zona é obra dos arquitectos Manuel Jorreto, Pablo Falcón e os arqueólogos, Celso Rodríguez Cao e José María Eguileta.
Os espazos, que estarán abertos ao público de martes a domingo de 10.00h a 14.00 Hs. e de 17.00 a 20.00 Hs. o Centro de Interpretación e de 9.00 a 21.00 Hs. o bulevar peonil, "convírtense en referente do coñecemento e divulgación da riqueza e historia termal da cidade de Ourense", sinalaron os responsables municipais.

O proxecto, no seu conxunto, vén a contribuír á rehabilitación e desenvolvemento do contexto urbán no que se inserta e á revitalización social e económica da zona, recuperando as Burgas coma símbolo patrimonial da cidade. Concíbese como un proxecto divulgativo e didáctico, que proporcione ao visitante unha concepción global do termalismo mediante ferramentas e propostas audiovisuais e interactivas, que nos permitirán coñecer e facer máis comprensible a temática termal e afondar na historia e cultura da nosa cidade.

Con esta intervención o Concello de Ourense completa o primeiro complexo turístico termal que oferta a cidade integrado pola piscina termal das Burgas, os espazos de esparexemento e os equipamentos postos en marcha coma o novo Centro de Interpretación ou os apartamentos turístico Termais, prácticamente rematados, nos que a medio prazo abrirase o concurso para adxudicar a súa xestión e mantemento.

Novo punto de encontro coa historia e evolución termal da cidade de Ourense

O proxecto de musealización e posta en marcha do Centro de Interpretación Arqueolóxico-Termal do entorno BIC As Burgas, ubícase nas hortas traseiras das Burgas, concretamente en catro baixos da rúa do Vilar, (números 6, 8, 10 e 12) e na súa prolongación cara ás traseiras das Burgas, na zona sur do conxunto histórico da Ourense, emprazamento onde tivo lugar o nacemento da cidade.
O espazo componse dunha serie de baixos e entreplantas, situados en edificacións contiguas pero sen conexión interior, polo que se abren conexións e se organiza o percorrido expositivo, dotando ao espazo de identidade propia e uniforme.

O Centro de Interpretación das Burgas acollerá un circuíto expositivo adaptado á difícil distribución espacial dos locais preexistentes, unha das maiores singulariedades do espazo.
Empregando técnicas audiovisuais, informáticas e escenográficas, créase un espazo cultural, lúdico e divulgativo para contribuír a dar a coñecer As Burgas. O contorno distribúese en 5 salas expositivas, unha sala de lectura e dúas salas audiovisuais e dótase ao centro de tódolos servicios necesarios coma cafetería, tenda, almacén, área de administración e zona ao ar libre.

O Centro de Interpretación do Patrimonio Arqueolóxico Termal busca crear un centro interpretativo que potencie e dinamice o turismo termal, ao tempo que o divulga e proporciona unha experiencia entretida e agradable. O centro terá en conta a diversidade dos destinatarios, que van dende centros escolares a grupos de adultos e o programa ofrecerá opcións axeitadas a cada público no que se refire aos contidos, ritmo e duración da visita.

Bulevar peonil das Burgas

O espazo verde dota ao Casco Histórico da cidade dunha zona de 6.000 m2 de esparexemento e que incorpora os achádegos arqueolóxicos da zona (3 pozos contemporáneos, unha tumba medieval, estruturas murarias romanas dun hipocausto), cuxo obxectivo é recuperar o corazón da cidade como motor do desenvolvemento económico do Casco vello.

O bulevar peonil conecta as rúas do Baño e da Burga mellorando a calidade ambiental e pasaxística da zona, cunha inversión de máis de medio millón de euros financiados case na súa totalidade polo Ministerio de Cultura.

Os espazos ordéanse coa creación de 3 prazas:
- Praza das traseiras de Cervantes.
- Praza das traseiras da Vilar, conectada coa anterior a través dun paseo enlousado.
- Praza interior, onde se enmarcan os achádegos formados por estruturas murarias romanas.

Tamén conta cun sendeiro de xabre ao longo de todo o xardín.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, MIÉRCOLES
 
Baltar acusa a Concello y Gobierno central de rechazar el estudio del soterramiento de la Estación del AVE ...
O Concello de Ourense completou a renovación das 4 UNIs da cidade coa apertura da do Campus
Comienza la Galiciencia, sexta edición, convertida este año en referente de la Semana da Ciencia en España
O secretario xeral do Partido Carlista de Galicia doa a súa biblioteca á Deputación de Ourense
Un Albariño cultivado en xistos por Coto de Gomariz es el mejor blanco de la Guía Gourmets 2012