O Concello de Ourense constata que a apertura polas tardes da Oficina de Atención ao Cidadán é útil
 
O Concello de Ourense xa ten moi claro que a apertura de a Oficina de Atención ao Cidadán polas tardes é realmente eficaz: en horario de tarde, atendeuse dende marzo de 2011 un total de 4.910 cidadáns, pasando dos 1.142 do ano 2011 a 3.568 de xaneiro a outubro de 2012. A ampliación de horario contribúe a incrementar a atención ao cidadán dispensada por este servizo municipal: 22.739 persoas atendidas no que vai deste ano.
 
 
 
 
19 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Oficina de Atención ao Cidadán da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense prestou atención de xaneiro a outubro deste ano a un total de 22.379 cidadáns que se achegaron ás súas instalacións. Esta cifra supón un notable aumento respecto a anos anteriores, cunha media de 2.237 persoas atendidas cada mes, cifra que duplica á de 2011, cando se atenderon en todo o ano 13.487 persoas (cunha media mensual de 1.124 persoas), segundos os datos que facilita o propio Concello de Ourense.

A Concellería María Devesa, impulsora deste servizo, valora moi positivamente estas cifras, na medida que permiten constatar a boa acollida por parte dos veciños como punto de asesoramento e apoio nas xestións da carácter municipal. Salienta a concelleira a boa resposta brindada polos veciños á ampliación en horario de tarde, que posibilita a apertura dos locais de 16 a 20 horas. "Un feito que permitiu dar cobertura a máis cidadáns que por diferentes motivos non se podían achegar ao Concello en horario de mañá para realizar así as súas solicitudes", sinala a concelleira de Participación Cidadán.
Así, en horario de tarde, atendeuse dende marzo de 2011 un total de 4.910 cidadáns, pasando dos 1.142 do ano 2011 a 3.568 de xaneiro a outubro de 2012, sendo outubro o mes de maior afluencia polas tardes, con 1.279 cidadáns atendidos.

A Oficina sigue a prestar atención por vía presencial, teléfono e telemática. Ao igual que os anos anteriores, os seus usuarios en 2012 foron principalmente por vía presencial, 13.728,  fronte a 7.598 por vía telefónica e 1.054 por vía telemática.
Ao longo do ano 2012, a Oficina atendeu a unha media de 2.238 cidadáns ao mes. As cotas máis altas foron as rexistradas en xuño 3.976 e outubro, 3.676, seguidos dos meses de setembro (3.003) e xullo (2.602), sendo o mes de menor demanda o de xaneiro (1.103) e febreiro (1.346).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  María Devesa, concelleira de Participación Cidadá  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA