Comezou a actividade Contacontos que percorrerá 23 colexios desta cidade para chegar a uns 1.500 escolares
 
Deu comezo este xoves a actividade Contacontos da Concellería de Educación do Concello de Ourense, actividade que arrancou polo colexio Curros Enríquez desta cidade. Está previsto que percorra 23 centros educativos públicos de Ourense e chegue a un total de 1.500 ecscolares. Nesta ocasión, unha monitora achega aos escolares a vida e a obra dos artistas orensáns para motivalos á lectura.
 
 
 
 
16 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

1.500 escolares de Primaria dos centros educativos de Ourense participarán no presente curso escolar na actividade Contacontos que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. A concelleira Ana Garrido asistiu este xoves no CEIP Curros Enríquez ao inicio desta actividade, coa que arranca unha nova edición do Programa de Animación á Lectura que cada ano desenvolve o Concello.

Este ano o tema globalizador da campaña é Ollando aos nosos artistas. Unha monitora, profesora da Escola Municipal de Teatro, percorrerá os centros escolares da cidade para realizar unha representación orixinal, onde se mostran a vida e obras de artistas de Ourense. Os nenos e nenas non son meros espectadores, senón que teñen unha participación activa na función.
Os obxectivos desta actividade son empregar recursos expresivos e teatrais, motivar á lectura por medio da oralidade e a ilustración e fomentar a imaxinación e a creatividade dos nenos.
O Concello oferta aos participantes a posibilidade de escoller a versión do contacontos en galego, castelán ou inglés.

Os destinatarios son alumnos e alumnas de 1º ciclo de Educación Primaria, nenos de 6 e 7 anos de idade.
Ao longo do presente curso escolar participarán nesta actividade un total de 1.500 alumnos de 23 centros educativos de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA