Rematou a inserción laboral de 73 desempregados da provincia no centro Santa María de Europa desta cidade
 
Rematou para 73 alumnos dos cursos AFD para desempregados a súa formación a través destes cursos nos que a Xunta di que investiu case 302.000 euros. No centro ao que o ano pasado xa se otorgaron estas actividades formativas, o Santa María de Europa, o delegado territorial da Xunta entregou este xoves aos alumnos os seus correspondentes diplomas.
 
 
 
 
9 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregou este xoves os diplomas dos cursos de accións formativas para desempregados (AFD) que o ano pasado o departamento autonómico de Traballo outorgou ao centro de Formación Ocupacional Santa María de Europa, emprazado na cidade das Burgas.
Un total de 73 alumnos beneficiáronse de 5 cursos AFD nos que a Xunta investiu case 302.000 euros.
Os desempregados que participaron nestes cursos formáronse en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, actividades auxiliares en viverios, xardíns e centros de xardinaría, montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas e operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica.

O obxectivo prioritario deste programa "é a inserción e reinserción laboral das traballadoras e traballadores desempregados naqueles sectores estratéxicos que require o sistema produtivo e que requiren as empresas", sinala o departamento de Martínez. O delegado territorial salientou a importancia da formación como "aspecto clave para conseguir o obxectivo final de reducir as taxas de desemprego".
Rogelio Martínez engadiu que "as administracións públicas debemos achegar a formación necesaria e adaptala ás demandas do mercado laboral".

Lémbrase ao respecto que en total e ao longo do ano pasado, a Xunta investiu 10 millóns de euros nestas accións formativas das que se beneficiaron máis dun milleiro de alumnos da provincia de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MIÉRCOLES
 
Ya son dos los brotes de sarna de los últimos días en centros de la Xunta de Galicia en Ourense
Los responsables del CHUO asumen que hubo, al menos, 15 trabajadores contagiados de sarna
Amigos da Terra advierte de que Galicia apuesta por el modelo danés de tratamiento de basura
La Xunta le endosa a Ourense la incineradora pese a producir sólo el 2% de la basura que tratará, dice el BNG
Los socialistas quieren mejorar las inversiones de la Xunta en Ourense en 2012 en 48,6 millones de euros