Maceda celebra este sábado, día 27 de outubro, a VII edición da Festa Gastronómica da Zorza
 
A zorza é a protagonista dunha nova edición da Festa Gastronómica que este sábado, día 27, se celebra na vila de Maceda. Será a partires das 8 da tarde na Praza das Toldas desta vila. O menú, a base de zorza e outros produtos do porco, custará 5 euros.
 
 
 
 
 
27 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Maceda acolle este sábado, día 27 de outubro, a Festa Gastronómica da Zorza, que acada con esta a súa VII edición e que conta coa colaboración do Concello de Maceda.
Será a partires das 8 da tarde na Praza das Toldas da vila, organizada pola Asociación Cultural e Gastronómica "Taberneiros do Pobo" que forman 20 membros, todos eles veciños de Maceda.

Nesta edición o menú estará composto de empanada de zorza, zorza, panceta, pan e viño a un prezo de 5 euros.
Ao Concello de Maceda correspondeu nesta edición por en marcha toda a infraestrutura para desenvolver esta nova edición da Festa Gastronómica da Zorza de Maceda.
O alcalde, Xabier Oviedo, valora "positivamente todo tipo de actividades que axuden a dinamizar a vila e atraian xente, que deste xeito poidan coñecer os múltiples atractivos cos que conta o concello, polo que estamos dispostos a colaborar canta iniciativa deste tipo se nos presente", sinalou o rexedor macedán.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
El PP denuncia un nuevo impuesto del Concello de Ourense que Fernández califica de "imposto revolucionario"
El Gobierno de Ourense desmiente las que califica de "nuevas falsedades" de Rosendo Fernández
El PSOE acusó a Juárez de estar más ocupado en el "apagón informativo" que en "apagar os lumes"
Samuel Juárez rebate que Medio Rural haya bajado la guardia en la lucha contra el fuego en octubre
El PSOE de Vilardevós denuncia contrataciones a dedo a empresas de fuera vinculadas al PP