Un total de 114 exposición no Outono Fotográfico que na súa XXX edición chega ata Brasil
 
Cunha exposición fonofotográfica coa que a organización dice buscar dimensionar as novas marcas referenciais para o propio festival, arrancou este xoves a XXX edición do Outono Fotográfico. O Certame continúa a ampliar fronteiras e chegará nesta ocasión ata Brasil. O Outono Fotográfico confórmano nesta edición un total de 114 exposicións.
 
 
 
 
 
26 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Agustín Fernandez, foi o encargdo de inaugurar a XXX edición do Outono Fotográfico, acto que tivo lugar este xoves. A programación deste ano chega ata as 114 exposicións, e sigue crecendo coa ilusión e o recoñecemento á memoria do seu grande impulsor Benito Losada.
Na presentación estiveron presentes xunto ao alcalde, representantes do resto de institucións colaboradoras co certame, para todas elas o director do Outono 2012, Xosé Lois Vázquez, tivo palabras de agradecemento por contribuir a ampliar e establecer novas marcas que amplíen o festival.

O alcalde subliñou a aportación que tivo a figura de Benito no fomento da creatividade e as mostras de expresión artística en Ourense, "creando espazos de encontro e de comunicación promocionando actividades que hoxe teñen tal transcendencia cultural como é o Outono Fotográfico, ou as Xornadas de Banda Deseñada, rematadas hai uns días", sinalou Agustín Fernández.
Quen engadiu: "Por iso Benito estará orgulloso de comprobar coma cada unha das citas que él deseñou se revalidan e fortalecen cada ano, con cada nova edición".

Froito desa herdanza, o equipo que agora traballa arredor da Fundación Benito Losada está a ampliar todas as dimensións que delimitaban este festival fotográfico de cada vez máis referencia, e que ten a Ourense como centro dinamizador. Por iso chega a novos países, logo de ter presenza en Galicia, Cataluña ou Portugal, cruza este ano o atlántico para chegar a Brasil.
Tamén ten novidades coma a Sección Oficial, na que o Festival Galego de Fotografía se convirte no anfitrión de fotógrafos e fotógrafas convidados para fixar a nosa memoria histórica.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MIÉRCOLES
 
Extraco fue sancionada en 2010 con 300.000 euros por obstruir la labor de investigación de la CNC
Pactaban las bajas, ganaban el concurso y luego indemnizaban a sus competidores, establece la CNC
La propuesta de la murciana Soreva para Xinzo llega al pleno de la Deputación de octubre
El PSOE pedirá a la Deputación que la Xunta a reponga las ayudas para servicios sociales de los concellos
Seara repasó los avances en materia de igualdad para mujeres y colectivos discriminados