O Museo Municipal de Ourense acolle xa as exposicións da 24 edición das Xornadas de Banda Deseñada
 
O Museo Municipal xa acolle dúas exposicións das Xornadas de Banda Deseñada que este ano acadan a súa 24 edición, e que foron presentadas este martes. Son tamén o pistoletazo de saída do Outono Fotográfico, e o Concello de Ourense colabora con esta nova edición das Xornadas de B.D. aportando un 66% do seu orzamento.
 
 
 
 
3 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

No Museo Municipal de Ourense ven de ser presentada este martes a programación das XXIV Xornadas de Banda Deseñada, que contan con diversas actividades entre as que están dúas exposicións na sala I e II do Museo Municipal, que xa están abertas até o día 21 de outubro.

Xavier Paz, en representación da Fundación Benito Losada, explicou en qué consiste esta festa galega do comic, da cal destacan a exposición de sete novelas gráficas – na sala I do museo – que saíron o ano pasado. Trátase de sete coleccións de artes finais e bocetos previos que mostran o nivel excepcional dos nosos creadores. A mostra recolle traballos de Brais Rodríguez (A man do diaño), David Rubín (El héroe), Jacobo Fernández (Lois Pereiro. Breve encontro), José Domingo (Aventuras de un oficinista japonés), Lola Lorente (Sangre de mi sangre), Martín Romero (Las Fabulosas Crónicas del Ratón Taciturno) e Miguel Cuba (Punta de Fuga).
Na sala II do Museo está a exposición do Instituto da Xuventude – Injuve -, que mostra as historias e as ilustracións de 16 debuxantes que mediante a utilización de soportes informáticos son exponentes das últimas tendencias en cómic e ilustración.

As Xornadas de Banda Deseñada, dan, unha vez máis, o pistoletazo de saída á 34º edición do Outono Fotográfico. A consolidación e continuidade destas activides é unha das finalidades que terá a futura Fundación Benito Losada – en proceso de constitución -.
A maiores desto, está o concurso de banda deseñada das Xornadas, para menores de 30 anos, e tamén fallarase o premio Ourense de Banda Deseñada nos vindeiros días.
O Concello de Ourense colabora coa organización das Xornadas aportando un 66% do orzamento total deste evento cultural.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO