A conselleira de Sanidade visitou o novo Centro de Saúde de Os Peares, operativo desde este luns
 
Desde este pasado luns xa é operativo o novo Centro de Saúde de Os Peares, que se ubica na planta baixa do Edificio Administrativo do Consorcio dos Peares. Este martes visitou as novas instalacións a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. O no centro conta con unha superficie de 250 metros cadrados e ten representa un investimento de 290.000 euros.
 
 
 
 
3 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Despois de entrar en servizo estre pasado luns, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, en resposta á invitación do presidente do Consorcio Local de Os Peares, Julio Yebra Pimentel, visitou este martes o novo Centro de Saúde desta localidade, que ven a substituir ás anteriores infraestructuras sanitarias existentes cunha importante mellora en canto a espazos e accesibilidade.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, as novas instalacións, situadas na planta baixa do Edificio Administrativo do Consorcio de Os Peares, foron adaptadas e equipadas integramente polo Servizo Galego de Saúde mediante un investimento superior aos 290.000 euros.
A nova ubicación, que representa unha mellora de accesibilidade e espazos para os usuarios, dispón dunha superficie de 250 metros cadrados, distribuidos en tres consultas: unha médica, outra de enfermaría e unha sala polivalente, "o que permitirá que se desenvolvá o programa da Muller e tamén posibilitará o control para o tratamento de anticogulación oral, comunmente chamado Sintrom. Conta ademais cunha sala de espera, área administrativa, unha sala de comunicacións, aseos e un almacén", sinala os reponsables do departamento de Rocío Mosquera.

O centro de saúde de Os Peares é unha unidade básica de Atención Primaria, dotada cunha plaza de persoal médico e unha de enfermaría. A súa nova situación e equipamento presentan como principal ventaxe, desde o punto de vista asistencial, a completa informatización e conectabilidade, o que permitirá o acceso ao IANUS (a Historia Clínica Informatizada do Sergas) e á receita electrónica.
As novas instalacións veñen a substituir as carencias dunha infraestructura que databa de comezos dos anos oitenta, e nunha ubicación que plantexaba dificultades de acceso para os 342 usuarios aos que na actualidade da cobertura este centro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA