Rematan este mércores dous meses de actividade alternativa e non alineada do VeráneArte en Ourense
 
Chegan ao seu remate este mércores as actividades de VeráneArte 2012 organizadas polos colectivos enrolados en ESCUA, e que tiveron lugar tódolos luns e mércores dos meses de xullo e agosto. Actividades alternativas e ao marxen de oficialismos, nas que os organizadores subliñan que nunca tiveron nin pediron axuda oficial algunha. Unha Petiscada de produtos ecolóxicos e o I Festival Internacional do Barbañan marcan o remate este mércores na Praza de San Marcial a partires das 21:00 Hs.
 
 
 
 
29 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Este mércores, a partires das 21:00 Hs., chegan ao seu remate as actividades do VeráneArte 2012 que organizou ESCUA. Unha Petiscada a cargo de Semente con produtos ecolóxicos e o I Festival do Barbaña, porá fin a estas actividades que se levaron a cabo os luns e mércores dos meses de xullo e agosto, e nas que tomaron parte activa as organizacións que integran este Espazo Cultural Alternativo.
O remate destas actividades, que os organizadores recalcan que se fixeron sempre "sen ningún tipo de axuda ou colaboración das institucións públicas", terá lugar na Praza de San Marcial do Casco Histórico desta cidade.

O primeiro FIB ou Festival Internacional do Barbaña, contará coa participación de 10 grupos. Cada un deles versionará temas musicais sin límite de idade, e xurado e público serán os encargados de valoralos e premialos.
No xurado estarán o coñecido humorista e actor ourensán Sergio Pazos, o actor e director de teatro Tito Asorey, e actriz e cantante Nate Borrajo.
Mentras o xurado se ocupe nunha sesuda deliberación, anúnciase unha actuación sorpresa da que xa se adiante que "recuperará unha vella canción de desaparecido Festival da Canción do Miño".

O Festival estará presentado polo xornalista Javier Huete, "que falará nas linguas que coñece", sinala a organización, e o escultor Nito Contreras, "que falará exclusivamente en italiano para o extranxeiro".
Polo estrado pasarán grupos como A cona armada coa súa composición "Recortar, recortarei", Cantareiras Sen Un Can con "La ciudad y el río", Nuria Fergoó con "Rosendo", Airiños de Royuela de Río Franco con un "Poupurrí de Rafaela Carra" ou Os da Lonia coa súa composición titulada "As tesouras do PP", xunto a outros cinco.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA