Nove nenos rusos afectados polas radicións de Chernóbil disfrutan dunha estadía en Ourense
 
Nenos rusos afectados polas radicións de Chernóbil de 1986 vólvense atopar en Ourense este verán. Este venres acudirón á Consistorial para ser cumplimentados pola concelleira de Benestar Social, Marga Martín. O luns retornan a localidad de Novozhyblov, na rexión de Briansk, de donde proveñen.
 
 
 
 
25 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Nove nenos rusos afectados polas consecuencias da radiación de Chernóbil de 1986, e que pasaron o verán na provincia de Ourense, visitaron o Concello este venres, onde foron recibidos pola concelleira de Benestar Social, Marga Martín.
A iniciativa da Asociación Ledicia Cativa, en colaboración co Concello de Ourense, acolleu estes meses de xullo e agosto a 9 nenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.
Os nove nenos foron acollidos por familias ourensás, seis deles pasaron o verán na cidade de Ourense. Os nenos estiveron acompañados por Daria Toropova, unha monitora encargada de  solucionar o seus problemas na súa estadía vacacional.

Os nenos proceden da rexión de Briansk na localidade de Novozhyblov, unha zona  moi próxima a Central de Chernóbil, contaminada pola radioactividade. O obxectivo do programa de acollida é a recuperación física e sanitaria dos nenos afectados pola radioactividade.

A cidade de Ourense, ofrécelle a posibilidade de desfrutar dun clima benigno, libre de contaminación á que están sometidos, o que lle aporta unha recuperación de ata o 40%. Os dous meses de vacacións permítenlle mellorar substancialmente a súa calidade de vida, alongando ata dous anos a súa esperanza de vida. Ademais do cambio físico notable, existe un enriquecemento interno, xa que coñecen unha nova cultura, unha nova lingua, uns novos costumes e establecen uns fortes vínculos coas familias de acollida.

A través deste programa de acollida, establecen vínculos afectivos e culturais, ademais da asimilación dos principios e valores da nosa sociedade, de gran importancia para o seu futuro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA