Na Ponte, pecharon por este verán as actividades das Bibliotecas Municipais do Concello de Ourense
 
Concluíu este venres no Centro Cívido de A Ponte o programa de animación á lectura que levaron a cabo nestes meses de verán as Bibliotecas Municipais da cidade. O programa que se desenvolveu nos meses de verán, Viaxe alucinante na máquina do tempo, baséase nas historias, no xogo e na expresión artística e escénica, onde o neno se convertíu no protagonista de súas propias aventuras.
 
 
 
 
25 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

As concelleiras de Educación, Ana Garrido e de Benestar Social, Marga Martín, asistiron este venres no Centro Cívico de A Ponte á representación circense a cargo do grupo Animacións Pepinito.
A pista deportiva situada no exterior do Centro Cívico, foi o escenario escollido polos mozos para dar renda solta as súas habilidades teatrais. Con idades comprendidas entre os 12 e os 21 anos, deron conta dos seus progresos con monociclos, malabares, maquillaxe ou globoflexia, na primeira actuación do grupo que está dirixido por Juan José Mejía Ferreira.

A representación serve de peche das actividades de animación á lectura que se levan a cabo nas Bibliotecas Municipais da cidade (Biblioteca Pública Municipal A Carballeira: praza Sagrado Corazón s/n, Biblioteca Pública Municipal A Ponte: Eulogio Gomez Franqueira nº43, e a Biblioteca Pública Municipal San Francisco: explanada de San Francisco s/n) e no Punto de Lectura Infantil de O Couto (rúa francisco Asorey, 13) onde os obradoiros literarios, xogos e a dramaturxia serven de canle para por ao alcance dos nenos un mundo de aventuras, diversión e coñecementos.

O programa que se desenvolveu nos meses de verán, Viaxe alucinante na máquina do tempo, baséase nas historias, no xogo e na expresión artística e escénica, onde o neno se convirte no protagonista de súas propias aventuras, se xenera interese e hábito pola lectura, e búscase resaltar a importancia dos libros coma instrumento de aprendizaxe ao tempo que os nenos  incrementan as súas habilidades sociais. Dramatizar e escenificar as historias a partir da lectura dun conto, contos inventados ou lendas populares e desenrolar as súas habilidades motrices e creativas son os piares da actividade, na que participaron 75 rapaces de entre 4 e 12 anos, durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá, o que paralelamente contribúe a axudar ás nais e pais a conciliar a vid laboral e familiar nos meses de verán nos que a ausencia de calendario lectivo fai aínda máis complicada esta tarefa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA