Lobios tamén se incorpora ao programa Redecinema para proxectar Vilamor de Ignacio Vilar
 
Dentro do programa Redecinema, o concello de Lobios acollerá tamén a proxecció do filme Vilamor, segundo se anunciou este martes nesta locaidad. Este programa está percorrendo concellos das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra dende que o pasado 7 de agosto se puso en marcha por Cee. Son un total de 38 localidades entre as que se atopa Lobios.
 
 
 
 
 
22 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e máis o concello de Lobios, adherido á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), presentan nesta localidade ourensán o programa de cinema de verán e proxecta o filme Vilamor.

Deste xeito o programa de Redecinema, presenta neste concello, nunha proxección na que estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de forma gratuíta a película dirixida por Ignacio Vilar que está a ter un gran éxito a nivel internacional. Cómpre recordar que Vilamor, rodado en Galicia e en galego foi estreado en Ourense o pasado 17 de maio. A pesar da súa curta andaina, xa colleitou o recoñecemento de dentro e de fóra das nosa fronteiras (Cannes, Nova York, Jakarta...).

Redecinema leva achegando o cine e este filme desde o pasado 7 de agosto, que comezou en Cee (A Coruña) e desde entón percorreu os concellos da RDL e así continuará ata o vindeiro mes de setembro.
Así, un total de 38 localidades de Pontevedra, Ourense e A Coruña acollerán o novo programa de dinamización lingüística da RDL durante este verán.

Os obxectivos cos que nace o novo programa de dinamización lingüística entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; para visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; para potenciar artistas e dinamizadores galegos, e mais para favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.

A RDL é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca a asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local para impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego. Os seus principais obxectivos son os de promover a coordinación, a colaboración e a cooperación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles.
Canda a Deputación da Coruña, a Deputación de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, na actualidade forman parte da RDL máis dun terzo dos concellos galegos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, LUNES
 
La Xunta permitió cerrar el Castillo de Monterrei una semana para una fiesta privada, denuncia el PSOE
El BNG quiere que la Xunta explique los peches de camas en agosto hospital por hospital
Gerencia del CHUO dispuesta a sancionar a los médicos que no firmen los Objetivos de 2011
El Colegio de Médicos de Ourense certifica los recortes en Urxencias del CHUO y en el Nai
Convocados los "Premios Manuel Gómez Román á recuperación do hábitat rural e construcións adxectivas"