A rede Ourense WiFi superou en xullo os 10.000 usuarios únicos dende que se puxo en marcha a finais de 2010
 
O mes de xullo marcaou un máximo histórico da rede Ourense WiFi, con casi 55.000 páxinas visitadas polos usuarios deste servizo que ofrece o Concello de Ourense. No que vai de ano, a rede acumula máis de 30.000 visitas, cunha media mensual de 4.873 usuarios. Segundo o Concello de Ourense, cada 5 minutos  un usuario inicia unha sesión e navega por Internet a través da Ourense WiFi, mentras contabiliza unha media de 505 altas cada mes.
 
 
 
 
16 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A rede Ourense WiFi, posta en marcha polo Concello en decembro de 2010, superou durante o mes de xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados, acadando a cifra de 10.113 -dos que 452 se rexistraron durante o mes pasado-. Cunha media de 505 altas mensuais, o proxecto atópase no bo camiño para cumprir co seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a cidadáns e visitantes da cidade, ofrecendo acceso gratuíto á Internet en 42 puntos da cidade e a súa periferia.

O Informe de emprego da rede Ourense WiFi arroxa tamén un importante incremento da frecuencia de uso da mesma. Deste xeito, o número de visitas totais rexistradas ao longo do mes de xullo ascende a 14.223 -polas 5.137 rexistradas en xuño, ou as 4.282 de maio-, levadas a cabo por 5.293 visitantes únicos. Destas visitas, o 31% son novas, é dicir, corresponde a usuarios que nunca antes accederan á rede.

Outro indicador que rexistrou un importante crecemento ao longo do mes de xullo é o relativo ao número de páxinas visitadas polos usuarios da rede Ourense WiFi. A cifra correspondente ao mes pasado -54.9712-, supón un incremento do 160% respecto ao mes de xuño. Deste dato despréndese que o tempo de permanencia dos usuarios na rede é maior, visitando un maior número de páxinas durante as súas conexións. O acumulado anual de páxinas visitadas polos internautas ascende a 133.355.

Ao longo do mes de xullo contabilizáronse 12.449 sesións iniciadas polos usuarios do sistema, é dicir, o número o total de navigacións pola Internet que levaron a cabo durante ese período os internautas rexistrados. Esta cifra -superior ás rexistradas nos meses de maio (7.598) e xuño (11.072)-, sitúase entre as máis altas dende a posta en marcha do servizo, e sitúa o número total de sesións en 187.369 dende decembro de 2010 -unha media de 9.368 cada mes, e 312 cada día-.

Este aumento do número de sesións respecto dos meses precedentes pódese relacionar coa maior afluencia turística en xullo -como xa ocorrera co gallo da Semana Santa en 2011 e este mesmo ano-, de xeito que o servizo Ourense WiFi sería unha ferramenta últil para todos aqueles visitantes de fóra da cidade que desexan empregar a Internet durante a súa estancia en Ourense, dun xeito áxil, cómodo y sen ningún custo. Ademais, os días de maior actividade durante o mes pasado coincide cos días próximos á festividade do Apóstolo e aos días finais do mes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, MARTES
 
Piden al MARM y a la Xunta el cese del "dereito de pernada" de las eléctricas sobre el Miño y el Sil
ADEGA sostiene que el principal móvil de "Santa Cristina" es la "especulación"
El BNG de Valdeorras ve necesarias las protestas y la presión ciudadana contra el decreto de Xestión Integrada
El PSOE denuncia que la Xunta tensa al propio PP de A Veiga demorando la construcción del pabellón
El MARM aporta 300.000 euros para crear la marca "Ruta de los ríos" en la provincia de Ourense