Celanova rende homenaxe este venres aos seus emigrantes cun monumento de Leandro Sánchez
 
Celanova rinde homenaxe este venres aos seus emigrantes coa colocación e inauguración dun monumento do escultor mallorquín afincado en Ourense desde xa fai anos, Leandro Sánchez, adicado a estas xentes. O monumento é un obelisco de formigón rematado por unha bola sobredourada que representa o mundo e a riqueza á procura da cal decidiron saír milleiros de celanovenses e galegos ao longo da historia.
 
 
 
 
10 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Celanova rinde homenaxe este venres aos centos de emigrantes desta comarca, coa inauguración dun monumento adicado precisamente as xentes desta comarca que residen no exterior.
O monumento é obra do pintor e escultor mallorquín afincado dende hai varios anos en Ourense, Leandro Sánchez, e constitúe unha alegoría, en forma de obelisco, ó significado íntimo que para todos aqueles que un día decidiron deixar estas terras e ir á procura de novos mundos, por moi descoñecidos que fosen, pero sempre coa idea do retorno na cabeza.

O monumento é un obelisco de formigón rematado por unha bola sobredourada que representa o mundo e a riqueza á procura da cal decidiron saír milleiros de celanovenses e galegos ao longo da historia. Na súa base está apoiada unha maleta, que é o outro gran símbolo da emigración, xunto cunha rosa dos ventos que sinala os catro puntos cardinais e o poema de Celso Emilio Ferreiro dedicado a Celanova e titulado Alma da terra.

O acto de oficialización da colocación do monumento terá lugar ás 20:30 Hs. deste ventes no entorno da rotonda da Avenida López Blanco, en cuxo centro foi instalado o monumento por ser un lugar que tamén conta cun importante simbolismo, xa que por esa estrada de Cortegada, os emigrantes ían camiño de Frieira para coller o tren que os levaba ó peirao de Vigo, dende onde acostumaban a partir cara Iberoamérica.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL