Seguen as actividades lúdico-formativas na Aula da Natureza de Oira para un centenar de rapaces
 
Xogos ambientais, horticultura, obradoiros de Educación Viaria ou charlas sobre o coidado do medio ambiente son algunhas das actividades ofertadas durante este mes de agosto polo Concello de Ourense na Aula da Natureza do paseo de Oira. Cerca dun centenar de rapaces participan nestas actidades, cuxo obxectivo é "concienciar aos nenos dun xeito lúdico da importancia da conservación do medio ambiente".
 
 
 
 
7 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Ao longo do mes de agosto participarán nas actividades da Aula de Natureza do Concello, situada no paseo de Oira, case un centenar de rapaces que desfrutarán das posibilidades lúdicas e educativas que ofrece o entorno natural da ribeira do Miño ó seu paso por Ourense, segundo ven de informar o Concello de Ourense.

"As actividades ofertadas polo Concello na Aula de Natureza de Oira continúan durante o mes de agosto co obxectivo de concienciar ós nenos da importancia da conservación do medio ambiente como parte fundamental da súa vida e saúde", sinala o Concello. Todo isto, a través de actividades que van dende o coñecemento da fauna e flora da provincia de Ourense ata outras de reciclaxe, xogos populares, traballos na horta, formación sobre incendios forestais, recuperación e liberación de aves ou recuperación de xogos populares.

Durante este mes de agosto, algunhas das charlas que se ofreceran aos nenos versarán sobre o cambio climático, a importancia da seguridade e o bo uso de Internet, a limpeza de montes e ríos, a reciclaxe e a reutilización de materiais ou o funcionamento das piscifactorías. O programa presenta un amplo e variado abano de actividades coas que aportar ós máis pequenos un entretemento instrutivo nun entorno san e natural.

Segundo a Concellería de Educación que organiza directamente estas actividades, búscase fomentar a conciliación da vida laboral e familiar, e proporcionar aos pais e nais traballadoras alternativas nos meses de verán, e paralelamente combinar o ocio e a formación, de  xeito que os rapaces gocen dun verán lúdico e educativo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO