29 ourensáns participan no programa Envellecemento + Activo da Universidade do Minho en Braga
 
Coa colaboración do Concello de Ourense a través da Concellería de Benestar Social, uns 30 ourensáns participan desde ese luns no programa Envellecemento+Activo organizado pola Universidade do Minho na súa sede de Braga. O programa inclúe múltiples actividades encamiñanadas a potenciar hábitos de vida saudables entre os maiores.
 
 
 
 
7 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Case unha trintena de ourensáns participan dende este luns, día 6 de agosto, e ata este vernes, día 10, no programa Envellecemento+Activo, organizado pola Universidade do Minho na súa sede de Braga, e no que colabora a Concellería de Benestar do Concello de Ourense. Trátase dun dos catro programas semanais que se levarán a cabo ó longo do mes de agosto, e que contará cuns 400 participantes seleccionados entre Galicia e Portugal.

Con esta iniciativa, "preténdese mellorar a información sobre hábitos de vida saudables para os maiores, fomentando actividades para o mantemento da condición biolóxica, intelectual e emocional", segundo sinala o departamento de Marga Martín.
Outros dos obxectivos do programa son o reforzo da autoconfianza dos participantes, o desenvolvemento da intelixencia emocional, ou a mellora da forma física dos maiores a través de actividades deportivas.
Ademais, con este tipo de iniciativas preténdese incidir na cooperación institucional transfronteiriza, neste caso a través da potenciación conxunta das políticas sociais.

O programa de actividades inclúe conferencias Vida Activa, A saúde e a actividade física, A saúde e a nutrición, actividades físicas combinadas con xogos lúdicos, visitas culturais -centro histórico de Braga e Guimaraes- e saídas á praia de Esposende.
Durante os cinco días que duran estas actividades, os participantes contan con aloxamento gratuíto nas instalacións da Universidade do Minho, en réxime de pensión completa e sen coste algún.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín, concelleira de Benestar Social  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA