O Concello de Bande xa ten en marcha un "amplo abano" de actividades para este mes de agosto
 
O Concello de Bande xa ten en marcha un "amplo abano" de actividades para este verán, dirixidas moitas delas aos máis pequenos pero non só a eles, senón tamén a todo o público en xeral. Así está a V Andaina Popular do Concello de Bande, a Feira e Mostra de Recursos Endóxenos os días 12 e 13 de agosto, e as Xornadas de Folclore que arribarán a Bande o día 7 deste mes.
 
 
 
 
2 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Bande asegura ter organizado un "amplo abano" de actividades para o verán dirixido a un público de tódalas idades.
Deste xeito, xa están en marcha a liga de verán de fútbol-sala e aínda hai tempo para inscribirse no campionato de tenis e a marcha cicloturista ata o día 3 e 4 de agosto respectivamente.
A V Andaina Popular do Concello de Bande invita a percorrer tramos do camiño de San Rosendo, finalizando a proba na aldea de Porto Quintela, pasando anteriormente polo corazón do xacemento romano Aquis Querquennis.

A diversión para os máis pequenos está asegurada: obradoiros de verán na biblioteca, bibliopiscina, xogos de auga e fariña, talleres de maquillaxe e globoflexia, entre outras actividades programadas.
O intercambio cultural chegará das mans dos grupos de Perú, Georgia, Rusia e Venezuela, participantes nas Xornadas Internacionais de Folclore amosando a riqueza, colorido e variedade do folclore dos seus respectivos países. Un evento que o Concello de Bande organiza en colaboración coa Deputación de Ourense e que terá lugar neste concello o día 7 de agosto a partir das 20:30 Hs.

Co obxectivo de potencia-los produtos locais organizase a Feira Mostra de Recursos Endóxenos os días 12 e 13 de agosto. Artesanía, gastronomía, produtos locais, información turística, zona de pinchos. A diversidade de expositores cos que conta a feira fun da mesma un aliciente para visita-la e animarse a compra-los produtos que na mesma se expoñen.
Para animar aos veciños a unha vida activa co deporte organizarase un entretido e completo programa deportivo: a Andaina popular, ximnasia acuática e a XIX edición da marcha cicloturista Baixa Limia.
"Un interesante programa de actividades para conseguir unha maior participación e implicación dos veciños", remata sinalando o alcalde de Bande, o popular José Antonio Armada.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA