O BNG de Ribadavia apoiará a moción socialista neste Concello contra as medidas do Goberno Rajoy
 
O BNG de Ribadavia anuncia que estará ao lado da moción do PSOE contraria ás medidas do decreto 20/2012 do Goberno Rajoy. O voceiro nacionalista, Anxo Collarte, subliña que con estas medias o Goberno do PP "máis que actuar contra a crise desde unha perspectiva social, incide na liña de aproveitarse da crise para implantar o programa de máximos da dereita económica". Polo que "os chamados pactos de estado só son unha componenda", dice.
 
 
 
 
27 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

O grupo municipal do BNG de Ribadavia anunciou ese xoves que apoiará a moción presentada polo grupo municipal do PSOE, sobre as medidas recollidas no decreto 20/2012 promovido polo Goberno Central do PP. "Coincidimos en que se trata dunha reforma do réxime local, sen ter en conta nin a opinión das Comunidades Autónomas con competencias como é o caso de Galiza, nin tampouco dos axentes municipais", sinala o voceiro nacionalista, Anxo Collarte.

Collarte considera que, "máis que actuar contra a crise desde unha perspectiva social, en favor das persoas e colectivos máis afectados a través dunha redistribución da renda e da riqueza, inciden na liña de aproveitarse da crise para implantar o programa de máximos da dereita económica, que en realidade procura manter os privilexios dos de sempre a costa de recortar dereitos das maiorías sociais".
Dente o BNG sinálase non coincidir cos plantexamentos nos que se sosteñen estas medidas, e ínstase a "un gran pacto estatal" para reconsiderar ditas medidas a implementar.

"Dende que comezou a chamada crise, non houbo pactos sociais, só imposicións e recortes ao pobo", sinala o Grupo do BNG no Concello de Ribadavia.
Polo que para os nacionalistas só cabe "a construción dunha alternativa social e política que defenda os seus intereses".
Os de Anxo Collarte pensan, ademais, que "as recentes e masivas mobilizacións cidadás indican ese camiño".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA