Participación Cidadá do Concello de Ourense achega 45.000 euros a subvencións a actividades veciñais
 
Nos vindeiros días as 65 asociacións veiciñais que existen no concello de Ourense, poderán optar a algunha subvención da Concellería de Participación Cidadá. Este xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou unha partida de 45.000 euros para estas axudas, que teñen como obxectivo prioritario "a promoicón e posta el valor" das propias asociacións e a súa actividade.
 
 
 
 
6 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou este xoves as subvencións que a Concellería de Participación Cidadá pon a disposición das Asociacións de Veciños para a realización de programas e actividades.
A partida orzamentaria adicada a estas axudas ascende a 45.000 euros, e os obxectivos que persegue a iniciativa son "a promoción e posta en valor das agrupacións veciñais da cidade como núcleo de participación na vida social, política, económica e cultural, así como o fomento das relacións persoais entre os cidadáns".

As subvencións están dirixidas ás 65 AA.VV. do Concello de Ourense, sempre que cumpran cos requisitos plantexados na convocatoria, e que dispoñan da estrutura necesaria para levar a cabo as actividades propostas á concellería .
A comisión avaliadora terá en conta no momento da valoración das propostas criterios como a calidade e a viabilidade do proxecto, o número de destinatarios da actividade, a participación de cada asociación noutros programas e actividades da concellería, e o emprego da lingua galega e da linguaxe non sexista no seo da organización.

As AA.VV. que resulten beneficiarias destas axudas percibirán un anticipo do 50% da cantidade concedida pola concellería no momento da concesión, e o 50% restante será aboado ó remate das actividades que foron obxecto da subvención.
Co fin de que as AA.VV. cumpran coas propostas presentadas a concurso, todas as adxudicatarias deberán xustificar debidamente a execución dos programas e actividades presentados, así como unha memoria económica detallada para poder recibir por parte da concellería a totalidade da axuda, xa que o incumprimento da proposta será motivo de perda da subvención e obrigará á devolución do anticipo recibido.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, e realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.
______

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  María Devesa, Participación Cidadá  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA