A Escola Oficial de Idiomas de Ourense de Educación da Xunta, ofertará o vindeiro ano o curso de chinés
 
A Escola Oficial de Idiomas de Ourense ofertará a partires do curso que ven ensinanzas de Chinés. Así o anunciou este mércores o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, quen sinalou tamén que se incrementará a oferta de ciclos formativos para adultos no IES A Carballeira e no CIFP Portovello.
 
 
 
 
28 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará o vindeiro ano o curso de Chinés a Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Así o confirmou esta mércores o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, durante a visita realizada ao centro ourensán.
En declaracións aos medios, o director xeral sinalou que deste xeito increméntase a oferta na cidade das Burgas ao tempo que se da resposta a unha demanda que existía na mesma. Deste xeito o ano que ven ofertaranse 4 cursos de chino básico I con 30 prazas por cada curso.

Ata agora a EOI de Ourense xa daba resposta as demandas de 2.413 alumnas e alumnos que en máis dun centenar de grupos asistían a clases de inglés, francés, alemán, italiano, portugués, e galego. Ademais a oferta continúase complementando coas seccións oficiais situadas en O Barco, O Carballiño e Verín, ás que asisten máis de trescentos estudantes.

Incrementos no IES da Carballeira e no CIFP Portovello

Ademais Manuel Corredoira tamén deu a coñecer o incremento na oferta de ciclos formativos nos IES A Carballeira e no CIFP Portovello que posteriormente visitou.
Así o instituto ofertará a partir do mes de setembro os ciclos medios para adultos de emerxencias sanitarias e farmacia e parafarmacia.

Xunto con estes cursos o IES tamén incrementa a súa oferta dando a posibilidade de estudar a distancia o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e o ciclo superior de Administración e Finanzas.

Do mesmo xeito confirmou que no CIFP Portovello tamén se incrementará a oferta de ciclo medio para adultos co curso de atención a persoas en situación de dependencia, co que se da resposta a una demanda existente en torno a esta formación.
As novidades avanzadas, xunto coas que terán outros centros, "supón un importante incremento da oferta pública en Ourense", sinala a Consellería de Jesús Vázquez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA