A Deputación de Ourense implícase na campaña Mil festas máis para a lingua galega
 
Co obxectivo de fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da vida social e cultural de Galicia, sinaladamente en aqueles relacionados coas actividades de lecer, presentouse este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel desta ciudad a campaña Mil festas máis para a lingua galega. A campaña, que está organizada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e nela colabora a Deputación de Ourense
 
 
 
 
 
19 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu este luns a presentación da campaña Mil festas máis para a lingua galega, evento que ten como obxectivo fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da vida social e cultural de Galicia, sinaladamente en aqueles relacionados coas actividades de lecer.

A campaña, que está organizada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación de Ourense, e céntrase en potenciar o galego nas festas e nos ámbitos de lecer de Galicia, xa que, segundo lembrou Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, en Galicia celébranse máis de 7.000 festas nos 315 concellos galegos, "e a exaltación da nosa lingua, dos nosos símbolos e da Nosa cultura é unha tarefa de todos, porque non só se trata dunha cuestión de sentimento senón tamén de pertenza a un pobo".

Como recordou no acto de presentación da campaña o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, "as festas son espazos de ocio aos que o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado en 2004 polo Parlamento de Galicia presta especial atención, e unha maneira de manter viva a nosa lingua centenaria e galeguizando as festas e recuperando as festas de carácter etnográfico".
 Neste senso, Xulio Fernández Senra, coordinador do Centro de Cultural Popular Xaquín Lorenzo, explicou as claves do éxito que ten acadado a Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano congrega a miles de visitantes no burgo medieval de Vilanova dos Infantes (Celanova), e que este ano converteuse en Festa de Interese Turístico Galego, sendo o mellor referente da etnografía en Galicia.

No acto deste luns proxectouse un documental dedicado a Prudencio Romo, fundador dos Tamara, músico que xogou un papel fulcral na recuperación da música galega. Asemade, o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González, explicou os obxectivos da campaña e subliñou que o galego "debe estar en todos os ámbitos da nosa vida, non só na cultura, senón tamén na vida administrativa e social".
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA