A expo "40 anos de Médicos sen Fronteiras" chega este 1 de xuño ao Espazo Xove de Ourense
 
Ao Espazo Xove de Ourense chega este venres a exposición "40 anos de Médicos sen Fronteiras", mostra que reúne 40 imaxes sobre a traxectoria desta ONG. Ao acto inaugural acudirá a expatriada de Médicos sen Fronteiras Amaia Pérez-Izaguirre.
 
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Espazo Xove de Ourense acolle o venres, día 1 de xuño, o acto inaugural da exposición "40 anos de Médicos sen Fronteiras". Trátase dunha mostra que reúne unha selección de 40 imaxes sobre a traxectoria desta ONG ao longo da súa historia.

O acto está previsto para as 20.30 horas, e completarase coa proxección do documental "The Positive Ladies Soccer Club".
Ao seu remate terá lugar un encontro con Amaia Pérez-Izaguirre, expatriada de Médicos sen Fronteiras que estivo en Zimbabue, e que contara aos asistentes as súas experiencias vitais neste ámbito.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO