As obras do complexo deportivo de Eiroás "marchan a bo ritmo", e a instalacións abrirán a finais deste verán
 
Para finais deste verán agárdase que entre en servizo o novo complexo deportivo de Eiroás. As obras marchan "a bo ritmo" e os prazos van cumprirse. Cando abra, esta nova instalación deportiva que desconxestionará as actuais, dará servizo a máis de 25.000 veciños dos barrios de A Ponte e O Vinteún. Alcalde da cidade, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes constataron a boa marcha dos traballos.
 
 
 
 
18 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

As obras do futuro complexo deportivos das Eiroás "avanzan a bo ritmo", señala o titular da Concellaría de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, despois de visitar as obras xunto co alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez.
Varela reiteirou que o complexo de As Eiroás é un dos proxectos estrela da Concellaría de Deportes que virá ampliar sustancialmente a oferta de instalacións deportivas na cidade, dando servizo aos barrios da Ponte e o Vinteún.

Alcalde, tenente de alcalde e concelleiro coincidiron en destacar "a importante descentralización de servizos" que suporá para Ourense o novo centro, ofertando un espazo de calidade "con servizos diferente e complementarios dos que xa dispomos" nunha zona de importante densidade poboacional como é o entorno da Avenida de Santiago. 
As obras tiveron  un investimento en torno aos 5 millóns de euros, financiados por adxudicación municipal á empresa Serviocio. 

O futuro centro deportivo das Eiroás sitúase nunha parcela de 13.000 m2 de titularidade municipal  e que o Concello se encargara de urbanizar no seu momento. Contará con campo de fútbol 11 e 7 de erba artificial, duas piscinas climatizadas (aprendizaxe e deportiva), zona spa con sauna e baño de vapor, ximnasio e sala de fitness, así como instalacións de cafetería e ludoteca.
O proxecto de xestión deportiva deseñado para estas instalacións contempla ofertar  cursos de natación infantil e de adultos, aquaerobic, pilates, ioga, taichi, tonificación, etc. 
"En resumo, plantéxase unha instalación completa e polivalente que poida equipararse ao Pavillón dos Remedios, e que, pola súa ubicación, permita xerar un novo eixo de dinamización deportiva extensivo aos barrios da cidade", sinalou Fernando Varela. 

A posta en marcha destas novas instalacións suporá a creación dunhs 40 postos de traballo, estando previsto que abra as súas portas a finais deste verán cunha serie de abonos en torno aos 32 euros mensuais, así como descontos especiais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Fernando Varela, concelleiro de Deportes  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA